Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A editorial en liña Bubok.es celebra o seu ano de vida con premio literario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A editorial en liña Bubok.es celebra o seu ano de vida con premio literario

Fernando Sarasketa
Publicado: 16/04/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

merelo.jpgManter unha editorial aberta durante un ano semella de por si unha tarefa complicada, pero facelo a través da web é, ademais de difícil, arriscado abondo. Referímonos sobre todo a que constitúe unha desas experiencias que, malia non ser propiamente novas, si que contan cun número ben reducido de puntos de referencia. Ou sexa: que en boa medida é coma conducir case de noite coas luces apagadas. Con todo, hai experiencias que acadan deixar atrás esta liña psicolóxica do ano transcorrido, como por exemplo a editorial en liña Bubok.es, un servizo que recolle algunhas das liñas de actividade das editoriais de toda a vida pero abrindo o espectro comunicativo e promocional grazas á Internet e ceibando o camiño de determinadas figuras intermediarias, como por exemplo o editor ou o distribuidor. Bubok, que polo demais tamén fai o que calquera outra das firmas do sector (publicar en formato físico obras de escritores sobre calquera tema ou disciplina), vén de cumprir o seu primeiro aniversario con redobre de tambores: celebrando o seu primeiro certame literario, o Premio de Creación Literaria na súa edición 2009, concurso que finalmente deu como gañador a Juan Julián Merelo (mestre da Universidade de Navarra, na imaxe) pola súa obra Lujoyglamour.net. Por certo que o segundo posto foi para Alberto Ramos Barranco, polo seu libro Los últimos días de Clark K.
Segundo informa Elpais.es, os membros do xurado foron Rosa Regás, Lorenzo Silva, José Ángel Mañas, Andreu Teixidor e Ángel María Herrera. Asemade, cómpre sinalar que todos eles coincidiron á hora de elixir a Juan Julián Merelo como gañador deste certame, dotado con 2.000 euros de premio. Para quen queira obter máis información sobre este servizo de editorial en liña, o seu concurso literario e o devandito escritor granadino, dicir que a cerimonia de entrega desenvolverase o vindeiro mércores 6 de maio, sendo o xornal El Pais, a partir dese intre, a única canle de distribución en liña para a merca da obra en cuestión.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?