Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede senta as bases dunha nova experiencia viaxeira máis libre e barata: o turismo P2P
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede senta as bases dunha nova experiencia viaxeira máis libre e barata: o turismo P2P

Fernando Sarasketa
Publicado: 16/04/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

mochilero.jpgDin os especialistas máis independentes que a crise económica non é tal, e que o proceso é máis ben un reaxuste, unha tarefa xeral de reequilibrio no que todo o que ten valor real vai ficar radicalmente afastado do que non o ten: algo así como unha experiencia global de separación do gran da palla. Neste senso, xa se están a ver os primeiros sinais de cousas que teñen que caer polo seu propio peso: o estrago de recursos que provoca o sistema enerxético mundial ou ben a proliferación urbanística, na actualidade relativamente necesaria pero de consecuencias terribles a medio e longo. Neste panorama, cómpre non estrañarse se paseniño se desvela ese compoñente de ilusionismo que ten o comercio con intanxibles mentres colle forza o tradicional troco de obxectos e habilidades. Nesta liña é onde se sitúa xa unha parte da Rede, collendo corpo en medidas como bancos de tempo, actividades libres de compravenda ou mesmo intercambio de bens a título persoal. O turismo, neste senso, non é unha excepción. Os demandantes de viaxes andan á procura de alternativas aos paquetes organizados a partir de intrincados engadidos de taxas e visitas guiadas por rutas que semellan escenarios: o que se busca agora é cambiar por un tempo unha vida por outra. De aí o medre sufrido este ano no empréstamo recíproco de casas para residir ou de vehículos diversos para viaxar, procesos que sen a concorrencia da Rede non sería posible.
Segundo datos de Frontur, dos 57,4 millóns de turistas estranxeiros que o ano pasado viaxaron a España, preto de 12,4 millóns, o 21%, aloxáronse en vivendas de balde, ou sexa, casas de amigos, familiares ou contactos en Internet.
A cousa non para de medrar e mentres as restantes actividades turísticas tocan teito, a abordada pola vía alternativa é a única que se mantén e mesmo se incrementa. Especialmente a levada a cabo a través das canles en liña co fin de intercambiar un domicilio durante un tempo.Este troco, que non é novo (xurdiu a mediados do século XX no centro e norte de Europa, operando grazas a catálogos e revistas), está a recibir arestora un importante pulo grazas a outro pulo: o do que vén de ser obxecto a propia comunicación pola vía de Internet. Hoxe en día, segundo se nos conta en Hosteltur.com, hai múltiples recursos na Rede onde nos podemos apuntar a esta nova modalidade de viaxar e facer turismo. Por exemplo: a web de Intervac, unha organización experimentada neste tipo de actividades que abrangue un total de 50 países e que ten preto de 11.500 usuarios-propietarios de todo o mundo. O único que se lles pide é o pago dunha contía anual de 145 euros co fin de situar o seu anuncio e estar en disposición de acceder á base de datos da organización. A cousa non para aí: segundo estudos de Infonomía achegados por Alfons Cornellá e reflectidos pola dita web Hosteltur.com, estanse a sentar as bases do que ben se podería chamar Turismo P2P, unha actividade vinculada ao lecer que, como o seu propio nome indica, prima o libre intercambio de recursos e actividades sobre o beneficio a toda costa de terceiros e intermediarios. De aí o éxito de webs como Tripadvisor, onde os internautas promoven o fluxo de coñecemento arredor de produtos e servizos vinculados ao turismo.
Na imaxe, mochileiro visto por Guatman en terras de Málaga.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?