
Para que se entenda: a sinatura coas devanditas tres majors da industria audiovisual terá que achegar por forza un protagonismo dos seus produtos (filmes, series, programas) en detrimento (porque algo terá que ficar en segundo plano) do que ata o de agora era o miolo de YouTube: os vídeos feitos polos internautas de a pé.
A nova achega de YouTube, á que se poderá acceder a través dos contidos Premium, prevé en definitiva darlle forma completa aos alicerces dunha televisión máis ao uso, con diferentes canles en liña e máis opcións de apercibir ingresos por publicidade. Amais, o que se pretende con este e outros acordos que de seguro están por vir é soterrar a machada de guerra co sector da gran industria, ata o de agora un pouco amolada co feito de que o portal YouTube fose por libre e cometendo o sacrilexio de favorecer a participación activa e en primeira liña dos usuarios finais da Rede, subindo vídeos propios e alleos e sen facer seguimento estrito das licenzas de propiedade intelectual.
YouTube senta os alicerces do seu futuro: unha televisión oficial con contidos das grandes compañías
Compartir Este Artigo

