Distintas empresas levan meses facéndolle as beiras a Sun Microsystems, e finalmente é Oracle a que casará coa compañía, de xeito que pagará 7.400 millóns de dólares para facerse co seu negocio dando lugar a un auténtico xigante de hardware, software e servizos que gozarán das vantaxes da súa integración.
Esta adquisición de Oracle permite á compañía aproveitar a forza de Java en contornos corporativos (especialmente el servidores baseados en Solaris), o que serve de soporte para todo un sector, e de carambola tamén fai que agora Oracle (compañía principalmente coñecida polas súas solucións de bases de datos) pase a ser a propietaria de MySQL (a base de datos aberta máis popular a nivel mundial) o que non sabemos se terá algún tipo de consecuencia para o seu desenvolvemento futuro.
Cómpre lembrar que o sistema operativo máis habitual para soster bases de datos Oracle é o Sun Solaris, polo que o potencial integrados de Sun e Oracle é evidente; se sumamos o Java á ecuación poderiamos dicir que Oracle é a empresa mellor preparada para afrontar as necesidades de moitas compañías de Internet, tanto a nivel de servidores, como de bases de datos e ferramentas de desenvolvemento.
Oracle merca Sun Microsystems por 7.400 millóns de dólares
Compartir Este Artigo
