Panasonic, para non perder posicións no mercado da alta definición, anunciou que xa comezou a desenvolver un sistema de produción profesional 3D en Full HD, que pretende ser pioneiro, e que estará baseado principalmente por un camascopio con lente binocular que grava vídeo en tarxetas P2 e será compatible con pantallas 3D de alta definición. Os modelos conceptuais deste sistema de produción 3D poderá verse estes días en Las Vegas, durante o transcurso da feira NAB 2009.
A gravación en 3D aínda non está estandarizada en contornos de vídeo (aínda que no presente ano veremos moitos exemplos de aplicación no cine) e cómpre desenvolver tecnoloxía ao seu redor para que cando cheguen os televisores 3D e comecen a lanzar películas en Blu-ray que aproveiten esta posibilidade, pois así os consumidores podería optar a máis produtos audiovisuais que as mesmas adaptacións do cine, polo que a ficción televisiva ou os documentais poderían ter doado o salto á terceira dimensión de avanzar a bo ritmo esta proposta de Panasonic.
Panasonic traballa na elaboración dun sistema de produción de vídeo 3D en alta definición
Compartir Este Artigo

