O Laboratorios de Google, no seu constante traballo para mellorar os seus produtos, queren dar un importante pulo ao seu buscador de imaxes, que quere aproveitar métodos de recoñecemento de imaxes para facilitar as buscas, e tras permitir realizar consultas por cores, agora proban a busca de semellanzas, o que podemos comprobar no servizo experimental Google Similar Images, que é un buscador no que nalgunhas imaxes inclúe a opción de atopar imaxes semellantes, o que resulta moi práctico nalgúns casos nos que as buscas ordinarias son pouco precisas.
Deste xeito, se vemos unha fotografía dun monumento ou dunha persoa, e buscamos imaxes semellantes, o normal será localizar outras instantáneas tomadas no mesmo ángulo ou, como mínimo, do mesmo elemento, mentres que por outros métodos era moi posible dar con gráficos publicados xunto a textos da temática que buscamos, pero non por iso atinados.
Tamén resulta de utilidade para cando atopamos unha imaxe da que gustemos e queremos descargar a de maior calidade posible, pois atopando imaxes semellantes é posible que poidamos acceder a unha mesma imaxe a distintas resolucións.
Vídeo explicativo do novo buscador
Google permite localizar imaxes semellantes dende un buscador en probas
Compartir Este Artigo
