Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O blogomillo elixirá os galegos que máis fixeron pola súa lingua… ou menos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O blogomillo elixirá os galegos que máis fixeron pola súa lingua… ou menos

Fernando Sarasketa
Publicado: 21/04/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

queremos_o_teu_voto.jpgHai certames que premian en positivo, e outros, coma cabazas ben envoltiñas, en negativo. O que ten mérito non é só ser obxecto dun galardón que recoñece o esforzo que despregaches en facer mal as cousas, senón ter os azos de recibilo oficialmente. E agora que a festividade dupla das nosas letras e da Rede xa se albisca ao lonxe (o 17 de maio), nada mellor que ir preparando o camiño para sinalar co dedo dende a Rede todo aquilo que non se fixo a prol da nosa lingua, ou que se fixo para amolala, ou que se fixo ben. Nisto, e máis en achegar un pouco de independencia onde todo soa un pouco a oficialidade e máis a corrección política, consisten os Premios Antilingua, que agora chegan á súa segunda edición da man da web Galicia Profunda. E xa que se trata tamén de condecorar en clave positiva, os responsables do espazo en liña tamén presentan o Galardón Galego de Pro, unha estrea en toda regra no eido dos certames culturais e que vai dirixido, ao revés có anterior, a salientar os persoeiros, institución ou colectivos que máis decididamente traballan para defender o galego.
“Con estes premios”, sinalan os organizadores, “queremos tratar de ver os camiños que non hai que seguir para que non se perda unha lingua como a galega, que cada día conta con menos falantes, sobre todo entre as novas xeracións”.
Como dixemos, detrás desta iniciativa dupla está Galicia Profunda, quen por certo non quere renunciar ó potencial de participación da nosa comunidade blogueira (blogomillo) á hora de facer os labores de xurado activo.
Deste xeito, serán os propios blogueiros e blogueiras os que voten e dean a súa opinión sobre o que pasa co galego. “Calquera pode propoñer candidatos”, engaden, “xa que se trata dunha votación aberta e dun proceso colectivo de decisión”.
Segundo informa a web Galicia Profunda, entre os candidatos a levar o Premio Antilingua Galega do 2009 atópanse, entre outros, o goberno de Feijoo, por anunciar a derrogación do decreto do galego no ensino; o Hospital Juan Cardona de Ferrol, por discriminar os galegofalantes; as FAES, polo seu informe cualificando o informe de normalización do galego de “extravagancia“; a UPyD, por vincular o fracaso escolar co ensino do galego e a aqueles que, dun xeito violento, atacaron a manifestación de Galicia Bilingüe en Santiago, dando a entender para moitos que a defensa do galego se fai dende a radicalidade e non dende as ideas, o respecto e a tolerancia.
Doutra banda, entre os propostos para acadar o premio Galego de Pro esta a empresa R, por normalizar o uso da nosa lingua nun ámbito como o das telecomunicacións; a xuíza Ana López-Suevos, por usar o galego na Xustiza, un dos ámbitos no que menos presenza ten; o galeguista Avelino Pousa Antelo, pola súa defensa e enerxía coa nosa lingua; Xosé González, coñecido como “Pepe o de Redondela”, por poñer en marcha iniciativas como Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística ou a iniciativa Mil festas máis para a lingua galega.
As votacións estarán abertas ata o 15 de abril, data na que se darán a coñecer os gañadores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?