Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Primeiros apoios na Rede á creación dunha rede popular de escolas en galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Primeiros apoios na Rede á creación dunha rede popular de escolas en galego

Fernando Sarasketa
Publicado: 21/04/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

galescolas.jpgFalabamos o outro día dunha iniciativa xurdida na Rede para sentar as bases dunha alternativa privada ao modelo de ensino público que moi probablemente defenda nos vindeiros anos o Goberno de Feijoo: un sistema, ceibo xa do decreto do galego aínda vixente, no que non se esixa un mínimo de materias a impartir na nosa lingua. A idea do blog Limiar era precisamente a de facer uso da Rede para convocar o máximo número de apoios co obxecto de poñer en marcha dende o autofinanciamento esta rede popular de escolas en galego, un xeito non público de manter acesa a chama das galescolas, xa en perigo de desmantelamento. Pois ben, hai novidades sobre a iniciativa: en cinco días dende a súa posta en marcha (a día de hoxe martes 21 de abril), xa acadou case o 4% dos apoios precisos para que sexa unha realidade, contándose ademais coa apertura dun espazo en Facebook onde máis de 200 internautas amosaron a súa vontade adscribirse ao proxecto, e a cifra segue subindo.
Estas novidades, por certo, están a ser reflectidas tamén en Chuza!, onde se xerou xa un interesante debate sobre a comenencia ou non de poñer en marcha unha rede de escolas privada mentres a tendencia supostamente debera ser a contraria, que todo sistema educativo que defendese a cultura propia do pobo no que se insire fose público.
Lembrar que a base da proposta sería a de partir dun número mínimo de apoios (3.000) para acadar un orzamento anual de 300.000 euros anuais e habilitar un escola infantil que, logo de ser costeada polos seus usuarios, poida recuperar o investido e sirva para poñer a primeira pedra do seguinte centro educativo.
Na imaxe, interior dunha galescola visto na web de Galizia CIG.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?