Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A formación de competencias TIC para o profesorado europeo terá participación galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A formación de competencias TIC para o profesorado europeo terá participación galega

Fernando Sarasketa
Publicado: 22/04/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

icteacher.jpgO grupo de investigación en Tecnoloxía Educativa da USC e o departamento de aprendizaxe a distancia (e-learning) do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) están a traballar nunha iniciativa europea dirixida a dar corpo a un sistema de formación e acreditación de competencias tecnolóxico-dixitais de profesorado de Primaria e Secundaria. Segundo informa a Universidade de Santiago, o proxecto en cuestión coñécese como ICTeacher, e conta con financiamento europeo dentro do seu programa Lifelong Learning. Ademais da devandita achega galega, ICTeacher nútrese dos traballos de investigadores de países como Gran Bretaña, Hungría, Dinamarca e Austria. O proxecto, malia contar coas vantaxes de participación a distancia que subministra o eido da comunicación dixital, comparte moitas das características cos proxectos de colaboración tradicionais, polo que tamén require actividade presencial. Aí é onde se insiren os encontros que vai albergar a Facultade de Ciencias da Educación do Campus Sur de Santiago estes 23 e 24 de abril, reunións nas que concorrerán os principais investigadores dos equipos integrantes amais de profesionais dos distintos niveis de ensinanza pública en España.
A xuntanza servirá para presentar o alcance do proxecto e traballar no deseño dos futuros cursos de formación.
Como dixemos, os equipos participantes na iniciativa tirarán proveito do seu traballo e experiencia conxunta para deseñar un sistema internacional para a formación dos profesores no uso didáctico das Tecnoloxías da Información e das Comunicación (TIC) que repercuta na mellora da calidade dos procesos educativos e no incremento das posibilidades e uso destas tecnoloxías nas prácticas docentes. Polo que respecta á natureza da participación galega, dicir que o grupo de Tecnoloxía Educativa da USC está arestora coordinando a primeira das accións da iniciativa e será responsable do informe de investigación sobre o estado da cuestión en Europa. Máis adiante, centrará os esforzos para a posta en marcha do curso piloto ICTeacher en España que certificará a Universidade de Santiago. Por certo que para a realización dos cursos piloto en cada país, a área de e-learning do CESGA desenvolveu e adaptou un soporte particular baseado na plataforma de software libre Dokeos, contorno que achega un espazo virtual privado onde todos os membros comparten información sobre termos administrativos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?