Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gowex sitúa aos nosos concellos entre os máis activos do panorama Wi-Fi estatal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gowex sitúa aos nosos concellos entre os máis activos do panorama Wi-Fi estatal

Fernando Sarasketa
Publicado: 22/04/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

gowex_informe_wifi.jpgEn cuestión de coñecemento e de procura de novas tecnoloxías de acceso ao mesmo, cómpre que a nosa terra estea especialmente ao día, sobre todo debido a que parte de certa desvantaxe. As razóns disto non son novas, posto que son as mesmas que teñen provocado o noso illamento de séculos con respecto a determinadas infraestruturas. No noso repaso habitual de estudos que dalgún xeito nos axuden a ir escolmando as claves para arranxar estes atrancos (xeralmente orixinados pola nosa dispersión xeográfica e a situación periférica, posteriormente perpetuados por institucións e empresas), vimos de localizar a nova achega do Grupo Gowex, a última edición do seu Informe Anual Wi-Fi no que se recolle, entre outras cousas, un percorrido a través da vida dixital sen fíos que nos deu o ano 2008. Como o seu propio nome indica, o informe (xa accesible en pdf) é unha escolma do máis salientable en materia desta tecnoloxía, tanto no que se refire á oferta dos operadores como no que atinxe ás novidades na lexislación nacional e internacional.
Por certo que segundo Gowex, a achega deste ano é moi útil para os concellos, xa que os fornece de claves para que poidan resolver as súas dúbidas á hora de crear unha rede Wi-Fi pública e municipal, evitando así atoparse coas trabas da Comisión de Mercado das Telecomunicacións (CMT). Este capítulo do informe ten un amplo potencial para os nosos gobernos locais e o panorama sen fíos galego, a xuízo do anuario un dos máis activos de España, incluíndo (engade) iniciativas modelos como a do casco vello de Pontevedra.
Asemade, o informe fai fincapé na cifra de concellos da nosa terra que en 2008 estaban adscritos á CMT como operadores: xa máis de trinta. Entre eles, Ponte Caldelas, A Coruña, Corcubión, Carral ou Toén.
Doutra banda, o documento subministra información de primeira orde sobre quen segue a cortar o pastel na cuestión Wi-Fi a nivel mundial e quen podería facelo a medio e longo prazo: arestora Estados Unidos segue a estar á cabeza deste tipo de redes sen fíos, ficando España fóra da listaxe dos dez primeiros países e situándose este ano no 12 do ranking mundial. Por certo que países como China, grazas entre outras cousas á organización dos Xogos Olímpicos, vén de experimentar un importante pulo no que atinxe ás súas comunicacións sen fíos, posicionándose xa no cuarto posto.
Con todo, sinálase no informe, o feito de que España ocupe o 12º lugar na listaxe non debe levar a engano: o uso de Wi-Fi no territorio estatal é un dos poucos puntos relativos ao afianzamento da Sociedade da Información no que o país non está por debaixo das súas posibilidades. De feito, no anuario de Gowex ponse de manifesto que con respecto ao ano 2007, deuse un medre medio porcentual dun 40,09% do número de puntos de conexión comerciais. O mesmo podemos dicir dos centros educativos, un dos espazos onde o equipamento de sistemas Wi-Fi provoca máis polémica (ao haber colectivos, sobre todo ecoloxistas, que consideran apresurado encher de ondas os espazos por onde se moven os rapaces e rapazas ata que se saiba, sen ningún tipo de dúbida, que son cen por cen inocuas para a súa saúde) e que, malia todo, non paran de abrirse camiño na Rede sen fíos, principalmente as universidades (que teñen xa cobertura case total, con 77 institucións académicas dando servizo) e os centros de secundaria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?