Dende o vindeiro 26 de abril ata o 3 de maio, a vila de Redondela vestirase coas súas mellores galas para acoller, unha vez máis o seu Festival Nacional de Curtametraxes Redondela en Curto, que despois do éxito acadado nos anteriores anos, celebra agora a súa quinta edición, que medra en proxeccións e novidades.
Este ano, a organización do festival ten preparados novos cambios e dalle un pequeño xiro ás actividades paralelas. Deste xeito, nacen novos apartados tales como Máis minutos, dedicados á proxección dunha longametraxe cada día e Faino ti mesmo, un espazo aberto para recibir guións en entrar nun concurso cuxo gañador disporá de material audiovisual profesional para rodar a curtametraxe gañadora e ser exposta fora de concurso no festival.
Os responsables da iniciativa afirman que para acadar os seus obxectivos propuxéronse “facer un festival máis competitivo”, onde os espectadores disfruten cada día da programación escollida.
Neste seno, a quinta edición inicia unha nova etapa, nembargantes, polo demais, o concurso non perdeu a súa esencia e segue a traballar da mesma maneira que o viña facendo ao longo dos catro anos anteriores.
As actividades escolares seguen sendo o punto máis importante para o Redondela en Curto e este ano tamén se dedicará un apartado especial aos máis cativos e cativas da casa.
Tanto as proxeccións como as sesións informativas ou os distintos relatorios sobre o novo formato dixital establecido no mundo do cine, terán lugar no Auditorio Multiusos da Xunqueira.
Este ano, o premio para a mellor curtametraxe de ficción consiste nun trofeo e máis en 1.000 euros en metálico e o premio do público tamén recibirá un trofeo e 500 euros en metálico.
O Redondela en Curto quence motores para dar comezo o domingo
Compartir Este Artigo

