Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preparan un plan para achegar portátiles aos estudantes de primaria españois
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preparan un plan para achegar portátiles aos estudantes de primaria españois

Marcus Fernández
Publicado: 22/04/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

classmate_pc_na_aula.jpgEsta mañá Radiocable informou en primicia de que o Goberno está a ultimar un plan para permitir que cada alumno de primaria conte cun ordenador persoal portátil para poder substituír o caderno e os libros, o que sería toda unha revolución educativa, e que implicaría a toda a industria, tanto a informática (nas conversas terían participado Intel e Microsoft), como a banca e as operadoras de telecomunicacións (Vodafone).
O Ministerio de Educación tamén estaría a manter contactos coas editoriais para a dixitalización dos libros de texto, e aínda que este proxecto vaia a ter unha aplicación progresiva, agárdase o seu inicio para algúns cursos de primaria a partir do vindeiro curso.
Este plan sería obra da ministra Mercedes Cabrera, e debería contar co financiamento do Goberno e das comunidades autónomas, e na actualidade estaría a negociarse o prezo dos equipos cos fabricantes.
Aínda que dende Radiocable comparen esta iniciativa coa do proxecto One Laptop Per Child de Negroponte, o certo é que ten máis semellanzas co programa e.escolinha que se está a desenvolver en Portugal, no que os cativos poden adquirir un ordenador Magalhães, que non é máis que un Classmate PC de Intel, que ten toda a pinta de ser o tipo de equipos que se incluirían na iniciativa española, xa que o proxecto OLPC non parece contar coa confianza dos distintos gobernos cos que deus os seus primeiros pasos (e dos que poucos chegaron a finalizar os pedidos de equipos comprometidos inicialmente).

Os Classmate PC están deseñados para o seu uso por rapaces, facendo moi doado o seu transporte, e sendo moi resistentes
Os Classmate PC están deseñados para o seu uso por rapaces, facendo moi doado o seu transporte, e sendo moi resistentes

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?