Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede anima ao Goberno coa súa medida de levar ordenadores aos nenos pero pídelle máis software libre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede anima ao Goberno coa súa medida de levar ordenadores aos nenos pero pídelle máis software libre

Fernando Sarasketa
Publicado: 23/04/2009
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

cativo_ordenador.jpgSegundo contaba estes días Fernando Berlín na súa web (Radiocable) e se fixeron eco medios como Bandaancha ou o noso, o Goberno español estaría dándolle forma final a un proxecto dirixido a facer da informática e das novas tecnoloxías compañeiros inseparables dos cativos. Máis polo miúdo, do que se trataría é de seguir (pero ate certo punto, porque en España semella que vai primar o propietario) o ronsel de iniciativas como a posta en marcha no país irmán, Portugal, onde o Executivo presentou hai meses o proxecto Magalhães, unha máis que interesante iniciativa da que xa dimos conta en Código Cero e que incluiría entre outras medidas a achega de 500.000 ultraportátiles para os nenos e nenas. Pois ben, o proxecto de Rodríguez Zapatero e o seu equipo, que iría un pouco na mesma liña (na de levar un ordenador a cada cativo de Primaria), está xa a provocar todo tipo de reaccións na Rede, e todo iso malia ser pouco máis que un ruxerruxe a medias confirmado. Segundo engade Radiocable, en xeral a proposta vese con bos ollos dentro da comunidade internauta española, sobre todo na súa vontade de revolucionar a educación e as primeiras tomas de contacto co coñecemento. Con todo, tamén hai que recoñecer que hai un punto concreto susceptible de converterse en fonte de polémica: a posibilidade de que os ordenadores distribuídos vaian sobre programas propietarios.
En xeral, a xuízo dos colectivos españois en liña, é este un tema sobre o que cómpre meditar a fondo, ao igual que as condicións nas que se teña que formar aos propios profesores para que estes, á súa vez, formen aos máis pequenos. Nesta liña se postulan por exemplo webs como a de Antonio Ortíz (Error 500), onde se convida ao Goberno a reflexionar sobre a ensinanza que se lle vai fornecer aos asinantes (ao seu xuízo, é esa precisamente a barreira que cómpre superar, a de ser quen de atopar mestres que deixen atrás todos os prexuízos culturais do país contra as tecnoloxías) ou a de Nacho Escolar, que no seu blog amosa unha aposta decidida dos lectores a prol de tirar partido da oportunidade que se presenta para promover no país o software libre. A xuízo dos usuarios do caderno, está máis que demostrado que a programación aberta contribúe a xerar empresas locais con postos de traballo de valor engadido.
Na mesma liña se sitúa Javier Monteo na súa bitácora Aula de música, quen defende a medida pero cunha xestión moito máis independente por parte dos centros educativos, que deberían ser libres para elixir os recursos físicos e máis os sistemas operativos que empregarán os nenos e nenas. Ao seu xuízo, “pagar arredor de millóns de licenzas en programas e sistemas operativos privados é de tolos”.
Por certo que a nova tamén chegou a redes sociais e comunidades en liña, como Twitter ou Menéame, nas que os usuarios semellan estar inclinándose cara a unha meirande aposta a prol dos sistemas libres, máis baratos e con máis marxe para adaptación ás necesidades persoais do usuario.
Unha proposta ambiciosa
Segundo sinalaba Berlín esta semana a propósito desta primicia, a proposta é moi ambiciosa e implica a posta en xogo activa de todo o sector das novas tecnoloxías, tanto no que ser refire ao eido da informática como o das operadoras de telecomunicacións. Por certo que tamén se pretende buscar a participación da banca, co fin de que asuma (non sabemos aínda de que maneira) as tarefas de dar formato ás diferentes canles de financiamento.
O que si se sabe é que nas conversas coa industria semella ter estado o xigante Microsoft polo medio, do que se deduce que o espírito da programación libre non terá, polo menos nun principio, moita marxe de manobra.
Tamén se di que nas conversas co Ministerio de Educación teñen participado Intel e máis Vodafone, amais de diversas editoriais de obras e contidos para nenos, que estarían sendo mobilizadas para darlle un pulo á dixitalización integral das súas achegas. Polo tanto, no que no que se refire a soportes de software e hardware elixidos, o máis probable é que teñamos un novo exemplo de cruzamento entre sistemas Windows e material tecnolóxico Intel.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?