Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Red Hat sitúa a España como o segundo país do mundo en actividade ligada ao software libre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Red Hat sitúa a España como o segundo país do mundo en actividade ligada ao software libre

Fernando Sarasketa
Publicado: 23/04/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

red_hat_mapa_mundo_software_libre.jpgDe cando en vez xorden novas que non deixan de sorprender por moito que un estea máis ou menos preparado para calquera cousa. Quen o ía dicir, pero segundo Red Hat España ocupa o segundo punto en materia de actividade vinculada ao software libre. Esta sorpresa nosa vén a conto porque, non nos enganemos, estamos a falar dun país onde todo o que se fai a prol da programación aberta semella provir máis de iniciativas concretas que dunha vontade centralizadora que coordine todo o tecido produtor, desenvolvedor e usuario. Por exemplo: por unha banda temos entidades como o noso Centro Mancomún que promoven dende un goberno autonómico o uso deste software e pola outra hai un Goberno central que, malia non estar confirmado totalmente, está a dialogar con empresas de software propietario para dar forma a un programa de achega de ordenadores para os máis pequenos. Enleadas aparte e volvendo ao informe de Red Hat, dicir que os devanditos datos positivos para España están á vista de quen queira velos no seu Open Source Activity Map, un estudo que reflicte a cantidade proxectos abertos que se están a realizar en todo o mundo.
Neste informe, o dito país sae moi ben parado, ocupando un segundo posto e situándose como referencia a seguir en materia de introdución de GNU/Linux e software de código aberto na Administración Pública. No estudo de Red Hat, que sitúa a Francia no primeiro posto da listaxe e a Alemaña no terceiro, téñense en conta factores como as políticas e prácticas de software libre en eidos como o goberno, a industria e a comunidade de usuarios.
O informe compleméntase con outro mapa chamado Open Source Enviroment Map que amosa o contorno aberto que rodea cada país e que pode contribuír ao medre de plans e proxectos de programación libre neses mesmos país. Neste segundo gráfico, as cousas son diferentes para España, xa que aparece no posto 20º.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?