Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación CEL presenta un completo programa de obradoiros e xornadas sobre o último do último en tecnoloxía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación CEL presenta un completo programa de obradoiros e xornadas sobre o último do último en tecnoloxía

Fernando Sarasketa
Publicado: 24/04/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

etic_cel.jpgA Fundación CEL, con sede en Lugo, vén de inaugurar un programa encamiñado a formar e informar aos empresarios da provincia sobre todo o relacionado cos grandes apoios para o negocio do noso tempo: as novas tecnoloxías da información. A iniciativa, chamada Proxecto EmprendeTIC 2009 (ou, máis breve, ETIC), resúmese en boa medida nun programa variado de actividades, principalmente xornadas e obradoiros titorizados, elaborado ata no máis mínimo detalle pola Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial (SITE). Por certo que o programa xa deu comezo esta semana coa celebración do evento O márketing tecnolóxico, a revolución nas comunicacións, unha xuntanza demostrativa que conseguiu reunir no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo a máis de oitenta persoas e que serviu, a maiores, para presentar os obxectivos e formatos de todo o plan formativo. O acto, que se desenvolveu este xoves pola tarde, contou coa presenza (entre outros especialistas da Sociedade da Información) do presidente da Fundación CEL, Luis García Santalla, o secretario da CEL, Jaime Luis López Vázquez, e o coordinador da Fundación, Rodolfo Ojea. Durante o transcurso da súa intervención, García Santalla cualificou ás novas tecnoloxías de gran invento para o empresariado e a sociedade, fonte de vantaxes para a vida comunicativa que, malia estar en fase de desenvolvemento, xa ten amosado en moitas ocasións “ter a partida da aplicabilidade gañada”.
Polo que respecta ao programa íntegro de actividades e o seu contido, dicir que está estruturado en sete xornadas demostrativas e seis obradoiros titorizados, con calendario de abril a novembro, e ten unha orientación práctica no vieiro da rendibilidade dos negocios, sobre todo atendendo aos negocios de provincia de Lugo e, dentro destes, os novos negocios.
Segundo informa a organización, os eventos dos que forma parte a iniciativa tratarán cuestións de interese común dentro do seu eido, o dixital, e que sexan especialmente demandadas polos empresarios. Como por exemplo: a xestión documental e o comercio electrónico, as novas tecnoloxías a discapacidade, as novas tecnoloxías e o medio rural ou as ferramentas dixitais de participación activa (a Web 2.0). Dentro das accións máis formativas, proseguen os organizadores, o consultor tecnolóxico responsable da SITE organizará talleres titorizados con cita previa cos que, de individualmente ou en pequenos grupos, os usuarios poderán (en espazos curtos de tempo axeitados ás súas axendas), solucionar dúbidas sobre as vantaxes económicas do software libre, o mantemento de oficinas en rede, a gravación de copias de seguridade e o manexo do xestor de correo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?