Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nosa terra, no cuarto posto da listaxe de comunidades Wi-Fi
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nosa terra, no cuarto posto da listaxe de comunidades Wi-Fi

Fernando Sarasketa
Publicado: 24/04/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

gowex_informe_wifi-2.jpgO Grupo Gowex presentou esta semana unha investigación sobre o acceso sen fíos á Rede e a demanda e a oferta da que está a ser obxecto en España, tanto dende o público como dende o privado. O estudo, do que xa dimos conta nesta nosa web, facía especial mención de Galiza como un territorio activo abondo no que se refire á aposta por estas tecnoloxías, en boa medida porque semellan ser estas tecnoloxías as que en parte nos axuden a salvar certos atrancos derivados do illamento demográfico e a paisaxe accidentada. Pois ben, o Informe Anual Wi-Fi non se esgota nos datos xerais e concretos que anunciamos os días pasados: ten un posto específico para a nosa terra en materia de iniciativas municipais sen fíos no territorio español, concretamente o posto número catro, con máis de 30 concellos inscritos como operadores da Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) e cunha decena de gobernos locais achegando servizos Wi-Fi en diferentes modalidades aos seus cidadáns.
Por certo que Galiza só está a ser superada neste senso por Andalucía, Aragón e Catalunya.
Asemade, sinálase no informe, estamos situados na sexta posición no que se refire á habilitación de puntos de conexión Wi-Fi en espazos comerciais (espazos sobre todo vinculados á hostalería).
A todos estas iniciativas locais cómpre engadir a da cidade de Ourense, que segundo dá conta Gowex decidiu rexistrarse hai uns días na CMT como operadora e co obxectivo de estender a súa rede Ourense Wi-Fi a dez espazos públicos do seu centro urbano e catorce núcleos do perímetro rural. E todo isto antes de que remate o ano 2009.
Volvendo aos puntos de conexión comerciais, a firma achega datos sobre o seu número actual (416) e os seus principais emprazamentos: bares, restaurantes, gasolineiras, etc.
Reparto de Concellos Wi-Fi en Galicia (dando servizo ou en trámites de dalo):
– Coruña:
· A Coruña
· Corcubión
· Concello de Santiago de Compostela
· Concello de Boimorto
· Carral
– Ourense:
· Ourense
· Toén
· Concello de Castro Caldelas
· Concello de Castrelo de Miño
· Concello de Arnoia
· Concello de Allariz
– Pontevedra:
· Concello de Pontevedra
· Concello de Ribadumia
· Concello de Vilaboa
· Concello de Nigrán
· Concello de Cuntis
· Concello de Manzaneda
· Concello de San Sadurniño
· Concello de Tomiño
· Concello de Salvaterra do Miño
· Concello de Vilanova de Arousa
· Concello de Cambados
· Concello de A Cañiza
· Concello de A Estrada
· Concello de Soutomaior
· Concello de O Rosal
· Concello de Ponteareas
· Concello de Mondariz Balneario
– Lugo:
· Concello de Meira
· Concello de Ribeira de Piquín
· Concello de Pol
· Concello de A Pastoriza
· Concello de Láncara
· Concello de Rábade
· Concello de Begonte
· Concello de Samos
· Concello de Cervantes
· Concello de Foz

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?