Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O plan para levar un ordenador a cada neno de Uruguai chegará á cobertura total en setembro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O plan para levar un ordenador a cada neno de Uruguai chegará á cobertura total en setembro

Fernando Sarasketa
Publicado: 24/04/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

plan-ceibal.jpgO espazo Radiocable segue a situar puntos de referencia para un proxecto que de confirmarse podería cambiar de xeito radical a posición española no eido da Sociedade da Información mundial: a iniciativa do Goberno central de levar un ordenador a cada alumno de Primaria do país. Na devandita web, probablemente tratando de encarrilar os máis que posibles esforzos do equipo de Rodríguez Zapatero cara a modelos de éxito probados noutros recantos do mundo, dáse conta estes días da experiencia de Uruguai, o que moi posiblemente sexa o primeiro país do planeta en apostar pola distribución masiva de ordenadores entre os cativos, unha experiencia aplicada polo executivo do presidente Tabaré Vázquez e que a xuízo dos analistas en liña que máis preto están dos resultados da iniciativa está a resultar todo un éxito. O plan, chamado Plan Ceibal, xa ten dous anos e medio de antigüidade, tempo abondo como para tomarlle o pulso aos seus froitos entre os 260.000 rapaces e rapazas en idade escolar primaria do país, que é (polo tanto) a mesma cifra cá do equipamento informático posto en xogo para reforzar o sistema educativo.
Por certo que os ordenadores en cuestión foron encargados ao plan de achega de ultraportátiles de baixo custe de Negroponte, equipos aos que logo se lles engadiu todo o preciso para facer vida na Internet de banda larga.
A día de hoxe, malia non estar todo o equipamento distribuído, si que xa hai unha boa parte do mesmo en mans dos rapaces, arredor de 170.000, a un ritmo de 1.500 por xornada, o que constitúe un importante pulo ao afianzamento na Sociedade da Información dun país que, xunto cos do seu contorno, vén de deixar atrás, aínda agora, os efectos dunha grave crise. A previsión é de que para finais de verán, no mes de setembro, todos os nenos, nenas e mestres teñan nas súas mans o seu propio computador, ao que poderán darlle uso no ámbito escolar ou ben no familiar, xa que son da súa propiedade. O que se pretende con isto é potenciar o papel dos nenos como normalizadores do uso das novas tecnoloxías, ao ser eles mesmos os que asumen nos fogares o papel de mestres dixitais. Por certo que a diferenza do que semella querer facer o Goberno de Zapatero, os ordenadores postos en xogo en Uruguai inclúen todos eles sistemas de software libre. Segundo informa a prensa do país, o proxecto tamén conseguiu que se incrementase a asistencia as clases, ata nun 50%.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?