Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A industria cultural esixe deixar sen rede aos 4.500 internautas que máis contidos suban
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A industria cultural esixe deixar sen rede aos 4.500 internautas que máis contidos suban

Fernando Sarasketa
Publicado: 27/04/2009
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

illegal-downloading.jpgSe ata o de agora unha boa parte dos internautas españois confiaba en que as empresas que achegan servizos de acceso á Rede non moveran peza a favor da gran industria e os dereitos pechados de autor á hora de controlar o que se baixa e se sube pola Internet, se cadra este que estamos a vivir sexa o intre máis axeitado para unha reproposición desa confianza. Polo menos, isto é o que se deduce dos encontros que segundo informan medios dixitais como El Periódico veñen de manter o sector da gran industria cultural (a que defende a blindaxe das redes de intercambio de ficheiros) e as firmas operadoras, sendo unha das conclusións máis salientables da xuntanza o acordo para abranguer o 95% da regulación do trasfego sen autorización expresas de música, filmes e xogos. Porén, a reunión, que non é a primeira desta mesma natureza celebrada en España (hai un ano sentouse o alicerce da negociación), aínda dará máis que falar no que se refire ao 5% que resta, onde se concentran as áreas do programa que xeran máis discusión entre os sectores dunha facción e outra e, tamén, entre a propia comunidade internauta.
Ou sexa, que nese 5% de escuridade regulamentaria temporal (polo menos ata que se celebre outra xuntanza, a curto ou medio prazo, ou o Goberno decida meter man), atopamos cuestións como o que facer cos internautas que máis suban e descarguen material copiado, un tema que para as operadoras tería que solucionarse con sancións económicas pero que para as sociedades de xestión de dereitos de autor debería achegar unha desconexión á Rede en toda regra.
Estes internautas máis piratas serían os chamados primeiros difusores, e neste intre calcúlase que o seu número é de 4.500, estando ao parecer perfectamente localizados ao longo dos últimos seis meses polas empresas de servizos de Rede.
Para a industria do eido cultural, a cifra de desconectados potenciais non tería nada de escandaloso, sobre todo se a comparamos co que acontece en países como Francia, onde se vai perseguir xa a unha boa parte da comunidade internauta (practicamente ducias de milleiros ao día). Do que se trata, sinala o sector do cinema e da música, é de facer algo proporcional ao efecto que se procura.
Por certo que na reunión participaron Ono, Telefónica ou Orange en representación das operadoras, e a SGAE e Promusicae defendendo os intereses da gran industria cultural e as licenzas pechadas de propiedade de autor. Da xuntanza, ademais do devandito, despréndese que as pescudas se dirixirán máis ben a quen sube contidos á Rede, e non tanto aos que os baixan. Asemade, a súa idea é perseguir aos que non dan respiro ás redes P2P e as usan de xeito notorio para o seu lucro persoal. Dito doutra maneira: centraranse na oferta en maior medida ca na demanda. Ao seu xuízo, hai tres tipos de internauta:
· Primeiros difusores. Os devanditos 4.500, responsables da maior parte das películas, dos xogos e das cancións que se se intercambian. Este grupo é o que está arestora no punto de mira dos colectivos empresariais da cultura.
· Usuarios masivos. Arredor de 60.000, son os internautas que ata o de agora se definen por poñer ao alcance da man da comunidade internauta e de xeito repetido e constante unha cifra salientable de arquivos. A persecución deste colectivo non semella urxente, pero prevese que a medio prazo se lles notifique a desconexión a Internet en canto sexan detectados. Cómpre sinalar que só se levará isto a efecto logo de que teñan pasado 12 meses da entrada en vigor do regulamento que se está a preparar, e sempre e cando as infraccións dos dereitos de propiedade intelectual en España non se reduciran nun 70%.
· Usuarios comúns. Son, para que enganarnos, a meirande parte dos usuarios da Rede, que a usan para obter información e tamén, para baixar cada pouco tempo algunha película ou canción. Neste grupo hai arestora arredor de oito millóns de internautas.
Polo que respecta ao Goberno, é moi posible que sexa finalmente a mediadora entre unha parte e outra. Segundo se sinala en El Periódico, non se pode descartar que tome as decisións pertinentes sobre ese 5% que falta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?