Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os internautas seguen a evolución da gripe porcina pola Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os internautas seguen a evolución da gripe porcina pola Rede

Raquel Noya
Publicado: 27/04/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Toquedequeda.net permite facer un seguimento minuto a minuto sobre o que se conta da gripe porcina en Twitter
Toquedequeda.net permite facer un seguimento minuto a minuto sobre o que se conta da gripe porcina en Twitter
O brote de gripe porcina que está a afectarlle á capital mexicana e da que xa morreron máis de 80 persoas en todo o mundo, está a mobilizar á toda a cidadanía e, en especial, (tal e como era de agardar) a tódolos internautas do mundo, que acuden á Rede para manterse informados de todo o que pasa en torno a esta epidemia e saber algo máis sobre as súas características, coñecer a existencia de novos casos, saber da súa forma de contaxio…
Ferramentas como Twitter, o Centro de alerta de enfermidades da OMS, os distintos buscadores e incluso unha páxina web creada especialmente para esta epidemia mundial, facilitan as tarefas de procura de información dos internautas e permiten seguir as novidades que se van dando case ao instante.
Asemade, na Rede tamén podemos atopar un mapa creado por un investigador de Pittsburgh, no que se localizan os casos relacionados coa epidemia en todo o mundo, ou este outro no que cualquera pode colaborar.
Outras ferramentas como a web do Centro para o Control e a Prevención de Enfermidades, que contén unha serie de recomendacións para viaxeiros, ou o sitio especializado PandemicFlu.gov, son algúns dos recursos dos que máis botan man os internautas, ademais do Mapa Mundial de Alertas Epidémicas que dá conta desta e doutras enfermidades como a gripe aviaria ou o mal das vacas tolas, que tantos quebradeiros de cabeza nos causaron durante ben tempo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?