Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os ornitólogos galegos presentan un noticiario en liña sobre localizacións de aves
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os ornitólogos galegos presentan un noticiario en liña sobre localizacións de aves

Fernando Sarasketa
Publicado: 27/04/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

noticiario_ornitoloxia_captura.jpgA Rede vai consolidando paseniño a súa vertente de xanela ao medio natural e, aínda que nin este nin o seguinte fosen os seus cometidos primeiros, de espazo de traballo a prol da súa protección. Deste xeito, e tamén asumindo a Internet como lugar de conexión entre uns e outros activistas do medio, é como enfía a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) a súa experiencia en liña, unha actividade que (por certo) vén de acadar un importante repunte os días pasados coa posta en marcha do Noticiario Ornitoxeográfico Galego, proposta de coñecemento natural apoiada na Rede e máis concretamente nos seus recursos de xeolocalización (fontes de datos estreitamente ligados, nunha única tacada visual, ao lugar exacto de onde parten). Esta ferramenta en cuestión, presentada este sábado 25 en Compostela polos seus autores, xorde co gran obxectivo de servir de axuda a todos os seareiros das aves e demais cidadáns interesados, colexios, institutos, universidades, bibliotecas e organismos públicos e privados en xeral.
A día de hoxe xa inclúe máis de 14.000 entradas sobre localizacións de paxaros, todas elas achegadas por ornitólogos galegos profesionais ou afeccionados.
Durante a posta en longo do Noticiario, que contou coa presenza do novo Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, fíxose fincapé polo miúdo nas súas características técnicas, labor que correu a cargo de Alejandro Lamas, de Sixtema, empresa encargada do seu desenvolvemento.
Segundo fixo saber Lamas, a ferramenta dixital permitirá a todos os usuarios subministrar as súas citas de avistamentos de paxaros dunha maneira automática. Estes avisos serán logo procesados e incorporados sen máis a un Sistema de Información Xeográfica (SIG) que fará posible visualizar a frecuencia de localizacións en espazos e datos concretos, ou mesmo por familias e especies. Por certo que o Noticiario está accesible para a comunidade internauta na propia web da Sociedade Galega de Ornitoloxía. Asemade, informaron os seus responsables, completaranse as súas achegas con diversos recursos estatísticos, gráficas e informes dirixidos todos eles a facilitar o camiño dos traballos de investigación colectivos sobre as especies de aves presentes na nosa xeografía. Estes detalles e máis o devanditos, sinalaron os membros da Sociedade, colocan a este colectivo na vangarda española en materia de emprego das máis innovadoras tecnoloxías ao servizo do coñecemento do medio. Por certo que o noticiario está baseado no Catálogo GIS de Sixtema, e fai uso de software libre, o que a xuízo de Lamas “serviu para centrar os recursos en desenvolver novas funcionalidades, e non no pago de licencias de software”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?