Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vilasantar acolle en maio tres obradoiros de iniciación aos segredos da Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vilasantar acolle en maio tres obradoiros de iniciación aos segredos da Rede

Fernando Sarasketa
Publicado: 27/04/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Usuaria do Centro de Dinamización de Vilasantar practicando co rato
Usuaria do Centro de Dinamización de Vilasantar practicando co rato
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información e o Concello de Vilasantar veñen de presentar o programa de actividades do mes de maio vinculado á promoción da Internet en calquera das súas manifestacións. A listaxe de accións, que en boa medida constitúen obradoiros de coñecemento e habilidades (sesións teorico-prácticas onde a información pasa de man en man), desenvolverase ao longo do vindeiro mes no Centro que a Rede de Dinamización ten no consistorio do termo coruñés de Vilasantar. As actividades en cuestión, abertas á totalidade da veciñanza, son as seguintes: Iniciación a Internet (obradoiro dirixido a achegar os recursos necesarios para que usuario ou usuaria sexa quen de ter un manexarse na Rede e sen axuda, a desenvolver de luns a xoves, do 4 ao 12 de maio, en horario de 18.00 a 19.30 horas), Solicitude de cita médica en Internet (encamiñado a capacitar aos veciños e veciñas para que poidan pedir ou anular citas méticas co Sergas e sen que sexa preciso desprazarse, a celebrar en horario de 18 a 19.30 horas, os días 13 e 14 de maio) e Creación dunha conta de correo electrónico (do 18 ao 26 de maio, de luns a xoves e en horario de 18 a 19.30 horas).
Con todo, a achega formativa conxunta da Rede de Dinamización e Vilasantar non remata aí. Amais do devandito, e co obxectivo de conmemorar a festividade dupla das nosas Letras e do Día de Internet (o 17 de maio), está prevista a realización da iniciativa Recoméndame Galiza, unha experiencia de aprendizaxe práctica que combinará diversos aspectos e vantaxes das novas tecnoloxías da información (comunicacións en rede, a recompilación de datos ou os procesadores de texto) e que se celebrará de xeito simultáneo co Centro da Rede de Dinamización da Asociación de Empresarias da Coruña. Por certo que esta acción desenvolverase do día 18 ao 26 de maio, en horario de 16.30 a 18.00 horas.
Asemade, está prevista a realización da charla Memoria dos Oficios. Esta actividade, prevista para o día 28 ás 17.30 horas no Centro de Dinamización de Vilasantar, consistirá na presentación da iniciativa homónima que desenvolverase no concello nos vindeiros meses, e que consistirá na realización, por parte das/os participantes dunha videomontaxe acerca dos oficios tradicionais da zona. O prazo de inscrición para estas actividades será do 23 de abril ao 7 de maio. Para inscribirse ou para solicitar máis información poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Vilasantar, sito na Casa de Concello (Rúa Rú), chamar ao teléfono 981.778.169 ou mandar un correo electrónico ao enderezo diego.vilasantar@dinamiza.sociedadedainformacion.eu.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?