
Aínda que o certame de vídeo convocouse pensando na xente nova, non ten ningunha limitación de idade, segundo destacaron Fernán Xosé Mourenza e María Xosé Rodríguez Valcárcel durante a presentación desta iniciativa na Galería Sargadelos de Lugo esta mesma mañá. Concretaron que teñen cabida pezas e creacións de todo tipo, dende o punto de vista humorístico, dramático, épico ou simplemente descritivo, con temática libre e de nova creación e autoría propia, aínda que limitando a duración a 2 minutos.
O prazo límite de entrega dos traballos son as 18:00 horas do vindeiro 13 de maio, podendo remitirse as pezas por correo electrónico, por MMS ao teléfono 620565712 ou por correo ordinario ao enderezo A Cova da Terra / Rúa Nóreas, 12, baixo / 27.001 Lugo.

A Mesa convoca en Lugo un certame de vídeo para fomentar a mobilización polo galego
Compartir Este Artigo
