Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Hispalinux critica duramente a presenza de Microsoft no proxecto para levar ordenadores aos cativos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Hispalinux critica duramente a presenza de Microsoft no proxecto para levar ordenadores aos cativos

Fernando Sarasketa
Publicado: 28/04/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cativo_ordenador-2.jpgContinúan as reaccións respecto das medidas que podería estar preparando o Goberno central para levar un ordenador a cada nena e neno de Primaria, iniciativa que de por si está a acadar boa aceptación na comunidade internauta con excepción de algún detalle que outro. Por exemplo: a posibilidade de que Microsoft participe na iniciativa con seu software propietario. Este punto, sen lugar a dúbidas o máis discutido, é precisamente o que retoma estes días Hispalinux para poñer sobre a mesa as que ao seu xuízo serían as consecuencias de confiar unha proposta educativa de tanto potencial a unha compañía estranxeira (malia ter ampla presenza en España) e que defende a protección firme dos seus produtos. En opinión da comunidade de usuarios de software libre, de confirmarse este punto (esta distribución masiva de ultraportátiles con ferramentas de Microsoft de serie entre os 2,6 millóns de alumnos de Primaria do territorio estatal) estaríamos ante o golpe definitivo por parte do Goberno contra o sector da programación aberta do país.
Amais disto, sinalan, daríase outro problema a ter en conta nun intre, o que estamos a vivir, que non se caracteriza pola especial bonanza económica: o problema do custe polo pago pertinente das licenzas propietarias, algo que (apuntan) cómpre ter en conta no seu conxunto: non se pagará pola adquisición dun único programa, senón por todos os que incluirá cada computador pendente de distribución. “Se consideramos un prezo de 60 euros”, apunta Hispalinux, “por cada sistema operativo e de outros 52 por cada licenza de Microsoft Office para estudantes, estaríamos a falar dun dispendio anual e recorrente no tempo de case 100 millóns de euros”. A isto, engade, habería que sumar outros custes de licenzas como por exemplo a do antivirus, que é preciso neste caso para protexer, de forma paradoxal, os computadores con software propietario, “e que esixen contratar actualizacións de case 25 euros anuais por usuario”, manifestan.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?