Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Refuxio de Bando fai un chamamento na Rede para impulsar a adopción de animais extraviados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Refuxio de Bando fai un chamamento na Rede para impulsar a adopción de animais extraviados

Fernando Sarasketa
Publicado: 28/04/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

refuxio_bando_web.jpgO Refuxio de Animais de Bando (Compostela) segue adiante coa súa procura de fogares responsables para os seus internos e internas, e faino en boa medida a través da Internet, renovando cada pouco as súas fichas en liña dos cans e gatos pendentes de adopción. Segundo está a sinalar estes días El Correo Gallego, o compromiso da comunidade internauta é máis preciso ca nunca, tendo en conta a difícil situación pola que están a pasar un importante número de animais (doce deles en estado case crítico, e unha boa cantidade a piques de estalo). De feito, o número de residentes abandonados polas persoas supostamente responsables deles non para de medrar. Segundo datos achegados polo Refuxio e reflectidos polo dito xornal compostelán, nos primeiros meses de 2009 entraron no complexo de Bande ata 300 animais sen dono, unha cifra elevada de máis como para atoparlles familia de acollida, por moito que se empreguen arreo as novas ferramentas de comunicación.
Desa cifra, engádese, 127 acadaron finalmente un fogar, resolvéndose a maiores os casos de outros 26 por estaren temporalmente extraviados. Con todo, apuntan os responsables do Refuxio, precísase a axuda de máis xente, principalmente para os casos máis críticos, aqueles que non son quen de afacerse ás novas condicións do complexo por serlles imposible esquecer a súa vida previa cos seus donos. As canles para facerse cun destes animais (un total de doce cans e cadelas a día de hoxe) son os de sempre: chamando aos teléfonos 981 575 957 e 646 492 835 ou escribíndolle un correo electrónico aos responsables do Refuxio a través da conta adopcions@refuxio.org. Como dixemos, a residencia compostelá conta tamén cunha completa páxina web dende a que se poden consultar as fichas e imaxes dos animais que precisan atopar acollida.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?