Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Red.es informa da dixitalización dos rexistros civís galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Red.es informa da dixitalización dos rexistros civís galegos

Fernando Sarasketa
Publicado: 28/04/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

registros_civiles_mapa_thumb_2_.jpgO Rexistro Civil de Galicia xa está en liña. Así o veñen de sinalar os Ministerios de Xustiza e Industria, a través de Red.es, entidade pertencente ao segundo dos ditos departamentos. A iniciativa, que forma parte dun programa estatal que abrangue outros tantos procesos de dixitalización para cada unha das comunidades, incluíu para o caso galego o tratamento de 6.482 manuscritos e de máis de 3,8 millóns de páxinas, a partir de xa en formato dixital. Por provincias, informa Red.es, os 14 rexistros civís da Coruña achegaron 2.383 libros para dixitalizar, os 9 de Lugo 922, os 9 de Ourense 764 e os 13 de Pontevedra 2.413. En total, estamos a falar de 45 rexistros mobilizados para a iniciativa de Red.es. Segundo apunta esta entidade, esta adaptación aos novos tempos do material que albergan os ditos centros (material con datas de 1950 ata o día de hoxe) é un gran paso para a mellora operativa dos rexistros, o que supón tamén un adianto no servizo de eAdministración para a cidadanía. Un exemplo disto último é a brevidade coa que a partir de agora poderemos levar a cabo a certificación da partida de nacemento que se precisa para a obtención do eDNI, proceso que poderá facerse nunha única vista ou xornada e non en dúas, como ata o de agora.
O programa, insiste Red.es, tamén ten vantaxes en materia de axilidade administrativa en órganos como a Seguridade Social, a Dirección Xeral da Policía ou a Axencia Tributaria, que estarán en disposición de acceder, previo permiso do cidadán, aos datos precisos para a tramitación de pato de pensións ou cheques berce.
Por certo que o programa Rexistro Civil en Liña (na imaxe, representado por unha gráfica que indica o desenvolvemento do proceso e os emprazamentos a chegar), do que a dixitalización de libros levada a cabo na nosa terra forma parte, non é novo: púxose en marcha en maio de 2006 co obxectivo de modernizar os 8.109 rexistros españois, dos que 432 son principais e 7.677 municipais delegados en xulgados de Paz.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?