Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Caixanova dá a coñecer aos gañadores da terceira edición do seu simulador empresarial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Caixanova dá a coñecer aos gañadores da terceira edición do seu simulador empresarial

Fernando Sarasketa
Publicado: 29/04/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

play_caixanova_ganhadoras.jpgCaixanova entregou esta tarde en Vigo os premios da terceira edición do simulador empresarial Play!, unha iniciativa da súa Escola de Negocios que se basea en achegarlle á mocidade galego-portuguesa experiencias case reais de actividade de negocios a través do emprego das novas tecnoloxías. Segundo sinala a entidade financeira, que nesta convocatoria conseguiu que participasen máis de 3.000 alumnos de Bacharelato do noso país e de Ensino Secundario de Portugal, as cifras acadadas este ano en materia de implicación foron especialmente salientable: inscribíronse no certame un 30% máis de rapazas e rapaces có ano pasado. O xogo Play!, posto en marcha en colaboración con Praxis, incluíu unha vez máis unha presenza importante das novas ferramentas tecnolóxicas, representadas en boa medida a través dun software específico deseñado para que o día a día da empresa virtual que dirixen os alumnos sexa o máis semellante posible á realidade. Asemade, a organización potenciou este ano as funcionalidades da web que soporta a simulación, play.novaxove.com, entre as que se incorporou un foro, un blog, un chat e fotoblogs para que os participantes puidesen (entre outras cousas) pendurar os anuncios comerciais das súas respectivas iniciativas de negocio.
O reto deste ano era, particularmente, levar ao éxito empresarial a unha firma con dous produtos en carteira, leite e iogures. Por certo que a última proba celebrouse o sábado 18 de abril no Centro Social Caixanova de Vigo.
A clasificación, feita pública hoxe mesmo coincidindo coa entrega de premios, quedou deste xeito:
1ª posición: equipo PROSIKITO 2 del IES de Foz (Lugo).
Premios: un ordenador portátil para cada un dos membros do equipo, tamén para o titor, e un ordenador para el colexio. Unha bolsa de 6.000 € para cada alumno participante para empregar en programas da Escola de Negocios Caixanova, cunha validez de dez años.
2ª posición: equipo RASH-MARX ENTERPRISES, del IES San Tomé de Freixeiro de Vigo (Pontevedra).
Premios: unha consola Sony PlayStation 3 para cada alumno e tamén para o titor.
3ª posición: equipo LAMANOTA, do IES David Buján (Sigrás – A Coruña)
Premios: unha consola Nintendo Wii para cada alumno e tamén para o titor.
4ª posición: equipo BALUKA, da Escola Secundária Aurélia de Sousa (Porto -Portugal)
Premios: unha consola Nintendo DSi para cada alumno e tamén para o titor.
5ª posición: equipo SICATABEAN, do IES Universidade Laboral (Ourense)
Premios: un Ipod para cada alumno e tamén para o titor.
Polo que respecta ao certame publicitario Publicita-t, a clasificación final é a que segue:
-Mellor spot publicitario
1ª posición: equipo CORGOLÁCTEO, da Escola Secundária San Pedro (Vila Real – Portugal)
-Mellor logotipo e imaxe comercial
1ª posición: equipo LOS PRODUCTORES, do Colegio Montecastelo (Vigo), coa marca ‘Leche Lacta’.
Cada un dos membros do equipo gañador en cada unha das categorías recibirá unha Nintendo Wii.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?