Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Detectados virus informáticos que usan a gripe porcina como anzol
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Detectados virus informáticos que usan a gripe porcina como anzol

Fernando Sarasketa
Publicado: 30/04/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Cidadás mexicanas con medidas para non contraer o andazo, vistas en El Financiero
Cidadás mexicanas con medidas para non contraer o andazo, vistas en El Financiero
A mal chamada gripe porcina (posto que semella que en contra do que indica o seu nome, non afecta aos porcos) está poñendo de relevo dúas grandes circunstancias que nos afectan de cheo. Primeiro: o ser humano está neste intre máis indefenso perante o poder que exercen sobre el os grandes medios de comunicación (que seguen adiante coa súa teimosía de crear unha bonita alarma social que contribúa a facer caixa). Polo tanto, non é de estrañar que aos poucos días de saberse os primeiros casos se esgotasen en España as mascariñas das redes de tendas. Segundo: a Rede é un reflexo fiel dos nosos éxitos, e tamén das nosas miserias. Só así se explica que haxa internautas que se dedican en corpo e alma a analizar polo miúdo cal é o tipo de información que máis lle interesa ao noso subconsciente para desenvolver, en base a iso, o anzol que máis posibilidades amosa de que piquemos. Neste senso, case se podería falar de virus á nosa medida: ese é o xeito de proceder dos usuarios da Rede que están a liberar o equivalente informático da gripe porcina, o virus H1N1, que como é de supoñer, tira proveito directo da alarma social polo andazo espertada na vida real e máis na Rede.
Segundo advirte Trend Micro, xa hai días que se detectaron as primeiras mensaxes advertindo das consecuencias da gripe porcina (e que logo resultaron ser virus ou malware), estando neste intre suxeitas a un máis que inevitable proceso de medre.
“A gripe porcina converteuse nun virus de tipo informático que se aproveita do medo, a confusión e o interese pola información dispoñible na Web acerca do andazo para espallar códigos maliciosos e spam ou infectar equipos informáticos”, sinala Juan Pablo Castro, coordinador de Tecnoloxía de Trend Micro Lationamérica. En certa maneira, a situación é especialmente propicia para os spammers e as súas criaturas, tendo en conta dous factores: por unha banda o interese xerado na Web pola enfermidade (froito en gran parte da saturación á que nos someten os medios tradicionais, xa que a Internet adóitase a usar para ir alén dos datos achegados por esas canles) e pola outra o feito de que andazo teña máis posibilidades de chegar ás multitudes cá xente recluída nos seus fogares.
Polo tanto, dáse a circunstancia de que en casa redúcense as opcións de contraer a gripe real pero soben en boa medida as de ser vítimas do virus informático que leva o mesmo nome. “É a treboada perfecta para os delincuentes de Internet”, comenta Castro, quen sinala que o contido final destas mensaxes non é novo, malia os seus reclamos: trátase dos correos de sempre, con ligazóns sobre milagres farmacéuticos dende as que se cargan virus ou programas espía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?