Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os organizadores da Kutruparty informan dos froitos acadados pola xuntanza en liña galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os organizadores da Kutruparty informan dos froitos acadados pola xuntanza en liña galega

Fernando Sarasketa
Publicado: 30/04/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

kutru2.jpgEn cuestión de encontros informáticos para a xuventude galega, o eixe de actividade hai tempo xa que se asenta en boa medida na vila da Estrada: máis polo miúdo no evento de nome Kutruparty, reunión de mocidade en liña que organiza cada ano a Asociación de Usuarios de Software Libre da localidade pontevedresa (AUSLAE) e que na súa máis recente convocatoria, a sexta, acadou cifras récord de implicación. Precisamente para dar contar delas e achegar agradecementos polos éxitos acadados, a organización (que matina xa na súa vindeira achega, do 4 ao 8 de decembro deste ano) vén de publicar un dossier–memoria a toda cor con fotografías e textos detallados sobre os obxectivos deste encontro e a repercusión acadada nos medios. Asemade, o traballo informativo funciona como material conmemorativo dun encontro, a Kutruparty, que se fixo grande e, como tal, apuntou na sexta edición máis alto ca nunca: conseguíronse máis e mellores servizos no recinto de actividades, máis satisfacción por parte dos asistentes, a mellor das imaxes posibles, fonda cobertura entre os medios de comunicación e máis número de inscritos. “O éxito foi tal”, dise no dossier, “que conseguimos chegar á cifra de 300 asistentes, enchendo o cupo previsto para a edición e acadando así un éxito sen precedentes”.
Pero as cifras non rematan aí. En cuestión de asistencia de público en xeral, logrouse que o sistema aberto de acceso á Rede sen fíos, a cafetería aberta todo o día ou a opción de probar plataformas tecnolóxicas e asistir a obradoiros e actividades fosen un reclamo de primeira orde para as máis de 200 persoas que visitaron a Kutruparty durante os catro días de duración do evento. Asemade, emitíronse dende a organización arredor de 20 comunicados de prensa, habilitouse unha hora diaria de conexión pola radio, co que se conseguiu, entre outras cousas, que a Kutruparty figurase nos titulares dunha chea de medios tradicionais e dixitais de ámbito local, galego e estatal (na memoria inclúese un detallado estudo desta repercusión nos medios). Entre as actividades e obradoiros que se celebraron ao abeiro da xuntanza en liña, cómpre salientar o éxito acadado polo taller de robótica (ObradoiroBot) que organizou o Grupo de Sistemas Intelixentes da USC (e que incluíu unha máquina intelixente a disposición dos participantes) ou o interese xerado pola mostra activa de modding (personalización do computador) que dirixiu Adrián Novegil. Amais disto, celebráronse charlas (como a que correu a cargo do Grupo de Usuarios de Mac de Galicia sobre os segredos dos sistemas operativos de Apple, ou a que dirixiu Carlos Puente, da AUSLAE, sobre os principios básicos de Ubuntu), unha sesión de iniciación á robótica e concursos de lanzamento de CD, blogs ou Scene.
Por certo que entre as actividades que máis repercusión tiveron sitúase El Kubo, un recinto de participación no que chegaron a implicarse a totalidade dos mozos e mozas inscritos e do público visitante. O Kubo, asemade, reuniu a 70 participantes en competicións oficiais e serviu para poñer a propios e estraños na pel de músicos (guitarristas), tenistas ou golfistas, “emulando en todo detalle aos seus ídolos”, sinálase na memoria-dossier. Por certo que nesta tamén se dá conta do poder de convocatoria asociativo da party: nela tomaron parte activa colectivos como o DC-Team, o Grupo de Usuarios de Mac ou Os Arquivos da Meiga, coñecidos estes últimos polas súas achegas desinteresadas na Web en materia de dobraxe e subtitulado de películas ao galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?