Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: McDonald´s descúlpase polo uso da súa identidade nun caso de phising
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

McDonald´s descúlpase polo uso da súa identidade nun caso de phising

Raquel Noya
Publicado: 04/05/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Mcdonalds.jpgA organización de consumidores, Facua, vén de denunciar perante o Grupo de Delitos Telemáticos da Garda Civil, un novo intento de phising, que desta volta chega con olor (e sabor) a hamburguesas de tenreira baixo o (falso) remitente da cadea de comida rápida McDonald´s.
Os afectados recibían unha mensaxe de correo electrónico que simulaba ter sido enviada dende a cadea de comida do famoso paiaso a través do correo promociones@mcdonalds.es, e nela convidaba aos internautas a encher unha falsa enquisa de satisfación da cadea co ingreso de 50 euros como recompensa.
O delictivo remitente solicitaba asemade que o usuario cubrira os datos da súa tarxeta de crédito (incluído o PIN), indicándolle que posteriormente lle farían unha transferencia co seu regalo a esa conta.
A mensaxe, que ten como asunto “Bono de 50 euros para participar na nosa enquisa de satisfacción do cliente”, emprega o logotipo da cadea de comida rápida polo que é doado que aquelas persoas máis confiadas na boa fé dos demais facilitasen os seus datos privados sen decatarse de que se trataba dunha estafa.
A web empregada para o intento de fraude, http://kimimiki.com:80/maces/mcdonalds.es-customer-satisfaction-survey, está dentro do dominio kimimiki.com, rexistrado en 2006 dende Tokio (Xapón).
Como é habitual neste tipo de mensaxes de correo electrónico e páxinas web (que soen desenvolver cidadáns extranxeiros), no texto aparecen algunhas faltas de ortografía e incorreccións gramaticais que permiten averiguar as verdadeiras intencións do remitente con só botarlle unha ollada:
«Estimado cliente de McDonald”s, Estamos planeando grandes cambios para 2009 en McDonald”s la cadena de restaurantes en España y porque su opinión es muy importante para nosotros, le invitamos a tomar una breve encuesta de satisfacción del cliente que nos ayudará a mejorar la calidad de nuestros alimentos y servicios. Sabemos que su tiempo es valioso, por lo que le dará un bono de 50 Euros sólo para la toma de nuestra rápida encuesta 7 pregunta. Todo el proceso se llevará no más de 5 minutos».
Pola súa banda, os responsables da cadea, non tardaron en lanzar un comunicado confirmando que non están a realizar ningunha promoción por Internet e que a empresa non está vinculada a ningunha actividade promocional por correo electrónico similar.
Asemade aseguraron estar a investigar a fonte destes correos maliciosos e “lamentan calquera inconveniente que este suceso lles poidera ter ocasionado aos seus clientes”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?