Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Microsoft pon na rede a versión 2.0 do seu manual sobre a protección de datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Microsoft pon na rede a versión 2.0 do seu manual sobre a protección de datos

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/05/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Proteccion-datos-personales.jpgCo obxectivo de axudar ás empresas a cumprir co regulamento vixente en España en materia de salvagarda de información privada, Microsoft vén de publicar a segunda edición do seu libro A protección de datos persoais: solucións en contornos Microsoft versión 2.0, unha obra que como o seu propio título indica tamén vai encamiñada a ser espello dos seus tempos, os da Rede participativa e social (a 2.0). O volume, que tivo o apoio da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) e Red.es, xa está accesible en descarga gratuíta (abaixo, no apartado de información detallada). Segundo apunta a multinacional do sistema Windows, que presentou hai pouco o volume en sociedade, trátase de dar resposta a unha información, a da privacidade dos datos, cada vez máis demandada, agora que proliferan na Internet as empresas que os requiren e que cada internauta mantén contas abertas en multiplicidade de servizos.
O manual, de natureza divulgativa, xorde coa arela de ir alén dos logros da primeira versión, presente como texto clave na listaxe de empresas ou institucións clientes de Microsoft e mesmo no eido académico.
“O libro”, sinala a firma responsable nun comunicado, “desenvolve e comenta de xeito sinxelo os artigos da Lei Orgánica de Protección de Datos con meirande repercusión tecnolóxica, detallando cal sería a recomendación axeitada para o seu cumprimento usando para isto plataformas e sistemas de Microsoft”. A idea da compañía, polo tanto, é a de adiantarse na medida do posible a unha situación, de maré incesante de datos, que a moitas empresas podería estar a piques de íreselle das mans. Dito doutro xeito: a máis presenza das novas tecnoloxías, máis información se manexa, moita dela confidencial, polo que é imprescindible que este manexo responda ás esixencias do regulamento, tanto no eido das empresas como no das entidades e as institucións públicas.
Esta achega incensante de datos persoais, que beneficia a remitentes (que participan de xeito máis pleno na Sociedade do Coñecemento) e destinatarios (que incrementan a súa axilidade para que aquelas gocen das vantaxes da era dixital), achega beneficios que Microsoft sitúa fóra de toda dúbida, pero tamén un aquel de risco: “Estes innegables beneficios tamén requiren de especial atención que asegure a total protección do dereito á intimidade e á privacidade de todas as persoas, que é o obxectivo último do libro que estamos a presentar”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?