Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A TVE sacará do sector das telecomunicacións o que vai perder sen publicidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A TVE sacará do sector das telecomunicacións o que vai perder sen publicidade

Fernando Sarasketa
Publicado: 05/05/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tve.jpgSe as previsións se cumpren, a partir de setembro será posible ver unha serie ou un filme na televisión pública española e dun tirón. Ou sexa: sen que teñamos que recibir nos nosos miolos, por partes ou nunha única entrega, as ordes de compra que o mercado lanza en canto lle deixan. Será, se nada cambia, a fin desa vella teima de mitigar os efectos sedantes e saturantes dos anuncios con anacos de película, serie ou programa de por medio. Polo menos en TVE. Con todo, cómpre non agardar un paraíso ao noso alcance: no cen por cen das veces, o que se quita por un lado acaba poñéndose no outro. Segundo se conta na Web, a idea é compensar os ingresos deixados de percibir por esta medida cunha taxa dun 3% dos ingresos brutos de explotación por este concepto das cadeas privadas e por unha taxa dun 0,9% aos operadores de telecomunicacións.
De ir cara a diante esta medida, pendente da aprobación dun proxecto de lei antes do verán, tamén se incorporará un novo canon sobre o dominio radioeléctrico, que xa se pode ver nos Orzamentos Xerais do Estado. Ao parecer, o modelo que presenta o Goberno é unha imitación do francés, que é practicamente idéntico en cuestión de contía de taxas e de sectores designados para abonar esas taxas.
A proposta do Executivo de Zapatero, como era de agardar, está a crear todo tipo de reaccións na Rede, con especial presenza das que non se poñen nin totalmente a favor nin totalmente en contra e que se manteñen nun limbo de atenta desconfianza. Entre o que máis preocupa: que as empresas privadas que se inclúan na medida decidan elas tamén compensar o que se lles esixe en materia de taxas cunha subida de prezos en toda regra cara aos usuarios.
De feito, e como era tamén máis que previsible, a proposta presentada este luns polo Goberno non semella atopar o mellor dos recibimentos entre o sector afectado, por exemplo o das telecomunicacións, que a través do presidente da Asociación de Empresas de Tecnoloxías da Información e Comunicacións de España (AETIC), Jesús Banegas, vén de cualificar a iniciativa como un sen sentido, sobre todo polo que ten de imposición para un financiamento, o da TVE, que non é cuestión súa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?