Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O mini-PC libre e limpo de iUnika sairá este 13 de maio a un prezo duns 130 euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O mini-PC libre e limpo de iUnika sairá este 13 de maio a un prezo duns 130 euros

Fernando Sarasketa
Publicado: 05/05/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

iunika.jpgIdeal para quen se manteña firme no seu rexeitamento do software propietario de sempre e máis nunha procura de prezos máis accesibles e fontes de enerxía distintas das máis estendidas (e, casualmente, máis perniciosas para o medio), o mini-PC que está a piques de presentar no mercado a marca iUnika semella estar estes días en boca de todos. Vémolo no Blog Alternativo, no caderno en liña de Roberto Brenlla, detallado polo miúdo, e vémolo nas comunidades Barrapunto e Menéame, onde se están a xerar xa interesantes debates sobre a quen vai dirixido e que vantaxes podería ofrecerlles aos nenos e nenas do país. Estas, alén de que loxicamente non poderán ser comparables ás de ordenadores de envergadura, non parecen ser poucas.
Para comezar, pesa só 700 gramos e combina software cen por cen libre de máis que probada calidade, baseado en GNU/Linux, e tirando proveito todo isto da enerxía xerada polo sol (inclúe placa solar). Asemade, está feito sobre plástico de tipo natural, unha materia que non incrementa os gases do efecto invernadoiro e inclúe servizos de mobilidade a través de conectividade GSM.
O mini-PC, que se vai presentar de xeito oficial na segunda edición do encontro LibreMeeting que se celebra en Madrid, está fabricado pola empresa iUnika, compañía de construción de hardware que pasa por ser a primeira que se comprometeu de xeito exclusivo a empregar software libre en todos os seus aparellos.
Por certo que iUnika, para quen non saiba onde situala, é unha empresa ao estilo da galega Blu:sens no sentido de que tira proveito da cada vez máis boa sintonía entre Oriente e Occidente en materia de colaboración comercial: ten sedes en España, China e Hong Kong. Polo que respecta ao prezo do produto que está a piques de presentar, dicir que sairá a un prezo duns 130 euros. Por certo que o computador en cuestión semella vir máis a conto que nunca, tendo en conta o moito que se está a falar estes días dunha máis que probable iniciativa do Goberno español para seguir o ronsel de Brasil, Portugal ou Uruguai no camiño de levar un ordenador a cada nena e neno de Primaria. Cómpre sinalar que esta iniciativa non está a ser todo o ben recibida que podería agardarse entre a comunidade internauta, que lle reclama aos seus responsables directos máis trato cos desenvolvedores de software libre. Precisamente, este (o de ollar máis para produtos como o de iUnika) é para o blogueiro Roberto Brenlla o vieiro que debería seguir o Goberno español, un camiño de ética fóra de toda dúbida, e máis aínda cando se está a falar dun aparello que é ecolóxico e que xera emprego endóxeno de alta cualificación.
Estas son as características técnicas do aparello:
Procesador: MIPS 600 mhz
RAM: 256/512 MB
HD SSD 4/32 GB
Ranura SD
Saída TV
3 portos USB
E/S audio
Pantalla LCD 7”
Webcam
LAN RJ-45
WiFI
GPS
GPRS

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?