Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede dispara a industria das imitacións de antigüidades
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede dispara a industria das imitacións de antigüidades

Fernando Sarasketa
Publicado: 06/05/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gramofono.jpgQue a Rede non é un paraíso, xa o sabiamos todos e todas, pero tamén semella certo que, de mediar un pouco de vixilancia e sentido común pola nosa parte, hai unha serie de vantaxes comunicativas e de acceso ao coñecemento que non poderemos atopar en ningún outro medio ou plataforma. Toda esta lea vén a conto para pornos en materia á hora de falar do sector das antigüidades, un eido comercial que medra en boa medida grazas á Rede, sobre todo grazas ao que ten esta de arrexuntadora de parellas: neste caso, a oferta e a demanda. Pois ben, o mesmo que vale para a Internet no seu conxunto, vale para este sector: cómpre máis que nunca andar con ollo. Segundo vén de sinalar o arqueólogo Charles Stanish nun artigo da revista Archaeology do que se fan eco xornais en liña como Los Tiempos ou El País, arredor do 95% do material deste tipo que se ofrece na Rede é totalmente falso, e disto non se libran nin servizos de compravenda e de mediación como o teoricamente esixente eBay (onde se ten expulsado a usuarios por moito menos que por querer colarlle a alguén unha copia de algún produto).
Segundo di o devandito investigador estadounidense, as vendas en Internet xogan totalmente a favor da copia, e da creación dun gran mercado e dunha oportunidade de negocio que está a ser aproveitada, como era de agardar, por civilizacións enteiras.
En definitiva: chegouse a un punto en que facer imitacións fieis de algo antigo resulta moito máis rendible que procurar ese produto a toda costa para vendelo. Isto, malia todo o negativo que achega, semella ter unha cousa boa: limítase a práctica do saqueo, aínda que sexa a costa dos incautos.
Segundo explica o arqueólogo, o ritmo da factoría mundial de imitación de antigüidades é frenético, sobre todo en países en vías de desenvolvemento, e tanto é así que en menos de unha década pasouse dunha porcentaxe de copias do 50% na Rede a un taxa que anda xa a rentes do 100%. Ao mesmo tempo, desenvólvese a industria e melloran os procesos de produción: a día de hoxe, ata a persoa máis experta terá dificultades en saber se o que procura en eBay é certamente unha obra orixinal ou unha copia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?