Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As advertencias dos EE UU a España pola súa permisividade coa piratería provocan rexeitamento na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As advertencias dos EE UU a España pola súa permisividade coa piratería provocan rexeitamento na Rede

Fernando Sarasketa
Publicado: 06/05/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

communism.jpgBarack Obama e o seu Goberno progresista semellan en cuestión de Internet e descargas (intercambio de ficheiros musicais ou audiovisuais) estar feitos do mesmo material cós seus antecesores. E para que non quere dúbida algunha sobre a súa tendencia a poñerlle valados á Rede, danse a si mesmos permiso para criticar aos espazos onde consideran que non se están a erguer valados abondo. Entre estes lugares onde o internauta anda ceibo de xeito máis que inadmisible atópase, a xuízo do Goberno de EE UU, nin máis nin menos que España, un país que, cousa curiosa, tampouco semella levar trazas de ser un modelo a seguir en materia de deixar que a xente xogue na Rede ao seu xeito.
O caso é que como puidemos saber hoxe, ao equipo de Obama non lle gusta ren como se están a levar as cousas no que respecta á piratería dixital, polo que lle esixe a Zapatero maior dureza e que retire a circular da Fiscalía na que se sinala que compartir música ou filmes sen arela de lucro non é delito. As reaccións na blogosfera e na comunidade internauta en xeral non se fixeron agardar. Entre as declaracións máis contundentes, as do caderno Mangas Verdes, onde se cualifica de insulto á cidadanía española o informe de EE UU no que se inclúen as devanditas chamadas de atención, ademais de facer un chamamento ao Goberno de Zapatero para dar unha resposta firme ás provocacións.
Na mesma liña de rexeitamento claro sitúanse o galego Enrique Dans, o blog Colacados (onde se incorporan as leccións de legalidade de EE UU a unha listaxe de cousas nunca imaxinadas, como por exemplo un elefante voando) ou os usuarios de Méneame.
No informe en cuestión, dase a entender mesmo un labor de férreo control sobre o que aquí se fai ou se deixa de facer en materia de descargas: “España manterase na listaxe de vixilancia en 2009. Estados Unidos urxe de xeito enérxico ao Goberno español a que leve a cabo accións de maneira rápida e significativa para reconducir o serio problema da piratería por Internet. O Goberno español ten realizado esforzos mínimos para mudar a estendida e errónea percepción que existe en España de que compartir arquivos cos sistemas P2P é legal… “. Polo tanto, no documento anímase (case se lle esixe) a España que notifique oficial e publicamente o seu rexeitamento ás devanditas redes P2P (na liña de eMule, Ares ou Bittorrent), declarándoo ilegal e deixando fóra de labor a devandita circular do fiscal xeral do Estado de maio de 2006 que ía encamiñada a lexitimar o intercambio de ficheiros a través destas canles.
Segundo se fai saber en El País (que ofrece en pdf o informe completo), a cuestión da Internet é a todas luces un tema claro de desencontro entre Zapatero e Obama, e máis aínda se temos en conta que España aparece nun posto medio-alto na listaxe negra do país americano ligada ás descargas pola Rede. Por certo que no informe presentado, non só se expresan serias dúbidas sobre as condicións nas que se persegue á piratería (dase a entender que o feito de que non haxa un só internauta condenado é sinal que algo falla), senón que tamén se lles dedica aos xuíces e fiscais de todo agás palabras de ánimo, responsables estes de ter deixado en liberdade e sen sancións aos responsables das webs que fan de ligazóns entre os usuarios da Rede e as descargas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?