Juan Mas, xornalista en activo do xornal dixital Gaceta, vén de afirmar (moi acertadamente) na súa última entrada que “as redes sociais xa non son só unha especie de botellón virtual continuo para que o adolescente entreteña as horas mortas”, unha expresión que lonxe de criticar o acceso dos máis novos a este tipo de ferramentas (que ás veces lle dedican máis tempo do recomendable, todo hai que dicilo), vén a conto para xustificar a presenza de cada vez máis adultos en páxinas como MySpace, Facebook, Tuenti, Hi5…, de tal maneira que estas aplicacións “xa desbancaron ao resto de contidos visitados en Internet, pasándolle de largo, por exemplo, ás páxinas pornográficas”, as que viñan sendo as raíñas da Rede ata o momento.
Así o asegura o director de comunicación de Tuenti, Ícaro Moyano, quen dacordo coa ferramenta de Google dedicada a medir este tipo de tendencias, a Google Insigtht, pudo comprobar o auxe que están a ter neste intre as aplicacións como as que el representa, baseadas máis que no consumismo, no feito de compartir contidos en liña.
E se os internautas se pasan ás redes sociais, que non farán os publicistas? Estes profesionais das vendas, como era de agardar, xa se foron pasando paseniñamente a este tipo de ferramentas, sabedores de que o seu índice de popularidade irase incrementando a medida que se incrementan os usuarios das distintas aplicacións, nembargantes, un dos grandes problemas do marketing nas redes sociais é “a insuficiencia dos instrumentos tradicionais para medir ó éxito das campañas”, apunta Moyano, “pois a audiencia destas aplicacións móvese por modas”.
As redes sociais desbancan ás páxinas porno en Internet
Compartir Este Artigo

