Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nova York encabeza a listaxe de cidades máis fotografadas no Flickr
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nova York encabeza a listaxe de cidades máis fotografadas no Flickr

Fernando Sarasketa
Publicado: 06/05/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

flickr_cidades.jpgSe comparamos a cantidade de imaxes que hai sobre Galicia e sobre Irlanda no Flickr veremos que hai certa diferenza, e iso que practicamente temos a mesma poboación (os irlandeses algo máis, ben é certo). O caso é que nós saímos perdendo (preto de 200.000 fotografías introducindo Galicia e de 35.000 por Galiza, fronte ás máis de 2 millóns que eles teñen por Ireland). A explicación, malia o evidente (Irlanda é un país máis metido na cuestión dixital, e ten, polo de agora, máis tirón turístico, o que significa unha maior teima por fotografalo todo), aínda está por coller corpo definitivo. Máis ou menos igual que o éxito fulgurante de Nova York como a cidade máis rexistrada no dito álbum 2.0 da comunidade en liña, unha sorpresa para este que escribe, que albisca un par de razóns máis ou menos fóra de toda dúbida para esta sobrepresenza que lle tería achacado, se lle tivesen inquirido, a cidades como Hong Kong, Pequín ou Tokío, onde é probable que se concentren por metro cadrado a meirande cantidade de seareiros de inmortalizalo todo cunha imaxe.
Este protagonismo de Nova York, rexistrado e dado a coñecer por investigadores do Centro de Computación Avanzada da Universidade de Cornell (logo de tirar proveito dun supercomputador para avaliar a cifra nada desprezable de 35 millóns de imaxes de 300.000 usuarios de Flickr), probablemente veña dado polo relativo baleiro das urbes de Oriente no devandito servizo 2.0. Para que se entenda: en Nova York, agora si, é case con total seguridade o lugar onde e concentran por metro cadrado a meirande cifra de fotógrafos… de Asia.
Deste xeito, entre a achega compulsiva de turistas das devanditas cidades de Oriente, visitantes máis ou menos desocupados e naturais da propia urbe norteamericana, que ninguén se estrañe se esta encabeza a listaxe. O estudo en cuestión (pdf), que foi presentado hai uns días na International World Wide Web Conference celebrado en Madrid, sitúa no primeiro lugar dos monumentos máis fotografados unha construción máis que previsible: a Torre Eiffel de París, ou, o que é o mesmo, aquilo que non podes deixar de fotografar se estás de visita na capital de Francia. Esta é a listaxe de cidades máis metidas no Flickr (por certo que Barcelona aparece no posto 12 e Madrid no 20):
1. Nova York
2. Londres
3. San Francisco
4. París,
5. Los Ángeles
6. Chicago
7. Washington, D.C.
8. Seattle
9. Rome
10. Amsterdam
Os lugares máis inmortalizados do mundo a través de Flickr son:
1. A Torre Eiffel, París
2. Trafalgar Square, Londres
3. Tate Modern Museum, Londres
4. Big Ben, Londres
5. Notre Dame, París
6. The Eye, Londres
7. Empire State Building, Nova York

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?