Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega a Santiago o vehículo-guía para unha navegación segura: o bus de Brújula
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega a Santiago o vehículo-guía para unha navegación segura: o bus de Brújula

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/05/2009
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

brujula_alameda_santiago.jpgA Alameda de Santiago foi hoxe un fervedoiro de xente nova por dous motivos diferenciados aínda que abondo compatibles: a promoción do galego (a través do programa Correlingua, presente estes días en Compostela, no que participaron esta mañá uns cinco mil rapaces e rapazas) e a promoción da Rede responsable para a mocidade (que correu a cargo do proxecto Brújula, un programa de difusión itinerante da Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías da Información, AGESTIC). A segunda das actividades, que á que nos ocupa pola súa temática, contou cun importante despregue de recursos, humanos e técnicos: un autobús con todo tipo de material multimedia e tecnolóxico de información, monitores e guías especializados en lecer dixital e -dando a coñecer polo miúdo as características básicas de Brújula– unha boa parte do equipo responsable de AGESTIC. Brújula, que forma parte da liña estratéxica do Plan Avanza do Ministerio de Industria, achegarase os días 10 e 11 a Ribeira e o 12 e o 13 a Vilagarcía de Arousa.
A posta en longo da iniciativa en Compostela (en activo na Alameda ata o sábado) non puído ser polo tanto máis concorrida, sendo isto precisamente, o poder de convocatoria, un dos seus principais obxectivos. De feito, explicou na presentación o presidente da entidade, José María López Bourio, do que se trata é de chegar á meirande cantidade rapazas e rapaces para facerlles chegar unha mensaxe: está moi ben navegar pola Rede, pero con sentido común e responsabilidade.
Ao seu xuízo, a comunidade de internautas galegos vai camiño de chegar a certas cotas de madurez, e isto vén dado en boa medida pola elevada porcentaxe de mozas e mozos que acceden á Rede e amosan ter un cada vez máis elevado coñecemento do que visitan e manexan. Porén, unha vez adquiridas as habilidades de tipo tecnolóxico, cómpre traballar nas referentes aos contidos, e é aí precisamente onde a situación corre risco de perder pé. Segundo datos achegados por Bourio, o 54% dos nenos e mozos de entre 8 e 13 anos e os seus pais de Santiago descoñecen o uso da Rede en condicións de seguridade. Polo tanto, é nese punto onde actúa Brújula, unha proposta de madurez para unha comunidade internauta, a galega, que xa se vai poñendo paseniño na Rede pero que precisa tamén de consellos sobre como facelo. Neste senso, o nome (Compás, en galego) non resulta casual: o autobús informativo está concibido como un barco con rumbo firme para un escenario, o da Sociedade do Coñecemento, que malia as súas vantaxes pode dar acubillo (coma a vida mesma) a algunha que outra situación fóra de control. Por exemplo: roubo de datos persoais ou de cartos, suplantación de identidade, etc.
A iniciativa, polo tanto, non se dirixe só aos nenos, nenas e mocidade en xeral, senón tamén aos pais e aos titores, que son os responsables directos dos primeiros e os que teñen que saber cómo actuar cando se lles notifica unha irregularidade na Internet. En favor de Brújula (proxecto impecablemente concibido que sería aínda mellor de incluír máis presenza do galego), xogan unha serie de factores, como por exemplo a propia experiencia de AGESTIC en labores de divulgación das vantaxes da Rede por todo o noso territorio e, agora con este novo itinerario, recadando todo tipo de datos sobre as cuestións que máis preocupan ás nais e aos pais da cativada galega en referencia ao emprego da Internet e a seguridade que esta achega ou deixa de achegar.
O acto de presentación de hoxe, que como dixemos desenvolveuse a pé de Alameda, incluíu unha visita guiada para os medios polo interior do autobús de Brújula, un vehículo perfectamente adaptado para dar conta, pola vía dos recursos multimedia de lecer, dos máis importantes consellos para unha navegación segura. Amais dos equipos alí dispostos, o bus dá acubillo a profesionais que lles informan aos rapaces das máis axeitadas maneiras de evitar os principais perigos da Internet. Por exemplo: vixiando sempre que as webs que visitamos e que piden información persoal teñan o símbolo do candado pechado.
Durante a posta en longo da iniciativa en Compostela (onde por certo a previsión é a de recibir a visita de máis de 2.000 nenas/os e mozas/os), os seus responsables tamén fixeron fincapé nunha circunstancia salientable sobre a súa feitura: foi deseñada, desenvolvida e posta en marcha por mans galegas. Esta circunstancia, informou Bourio, só pode ser interpretada como unha mostra do amplo potencial da nosa industria dixital e vinculada ao tecnolóxico, un sector que dá acubillo a 15.000 postos de traballo e que se vale por si mesma para chegar ás máis altas cotas da innovación. Por certo que entre os recursos desenvolvidos polas empresas de AGESTIC espertou especial interese a proposta multimedia de Cristóbal, personaxe virtual que centra o groso dos seus labores en guiar aos rapaces polos máis idóneos e seguros xeitos de entender e facer uso da Rede. Este material en concreto, desenvolvido para nenas e nenos de 12 anos, resume en boa medida o espírito de colaboración do proxecto Brújula, unha iniciativa que xuntou a programadores e pedagogos nun obxectivo común.
Por último, sinalar que a iniciativa conta tamén co apoio de Confapa (a Confederación de Asociacións de Pais de Centros Públicos de Galicia), a Fundación Caixa Galicia e a firma de seguridade en liña Panda Security.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?