Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Norton advirte: os nenos pasan na Rede o dobre do tempo do que pensan os seus pais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Norton advirte: os nenos pasan na Rede o dobre do tempo do que pensan os seus pais

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/05/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

norton.jpgInternet, en cuestión de relacións humanas, non é nada do outro mundo. As vantaxes son outras: máis de forma que de contido. O resto, incluído case todo o bo e o malo que nos poida acontecer con outros internautas, estaba máis que inventado antes de chegar o dixital. Isto vén a conto para situar no seu sitio un novo estudo sobre seguridade en liña que, de non mediar un punto de vista amplo sobre o que se nos conta, podería dar a entender (unha vez máis) que a Rede é un niño de delincuentes á procura de vítimas. E probablemente así sexa, pero o mesmo ocorre coa vida off line. O informe en cuestión, que vén da man da firma de seguridade Norton, encamíñase a poñernos sobre aviso das condicións de liberdade en que unha boa parte da cativada vive en liña ou das moitas circunstancias en que os maiores nos vemos dirixidos (por vontade propia ou non) a webs pouco recomendables en materia de seguridade. A mensaxe non é nova, e resulta importante que nos animen ao fomento da Rede responsable, pero córrese o risco de non ver alén e identificar o dixital con todo o peor da sociedade. Con todo, o informe achega sentido común: deixar aos nenos sós, sexa na Rede ou en calquera outro escenario ou plataforma, ten un aquel de exercicio de irresponsabilidade.
Na nova achega de Norton, entre outras cousas, cóntasenos que os nenos e nenas pasan en liña o dobre de tempo do que pensan os seus pais, e que só arredor do 25% da rapazada admite aos seus proxenitores como contactos das redes sociais das que fai uso.
Pola contra, subminístranse datos máis alentadores, como por exemplo que o 90% dos pais conectados a Internet recoñece hoxe en día a súa parte de responsabilidade á hora de protexer aos rapaces, e, neste senso, estase a constatar máis diálogo sobre o tema (un 20% máis có ano pasado). Sexa como sexa, e malia este avance no coñecemento dos segredos das canles dixitais, semella que a teima por caer en certas webs de pouca confianza se mantén: así o fai o preto da metade dos enquisados por Norton, aínda escasamente afeitos a protexer os seus datos persoais con copias de seguridade e máis a empregar contrasinais (arredor da metade non o fan). Logo pasa o que pasa: preto dun terzo das persoas que participaron na confección do estudo afirmaron ter recibido algún tipo de ataque informático.
O estudo ten aínda máis datos que poñen de manifesto certo atolondramento en liña amosado por parte dunha boa parte dos internautas adultos: dous de cada 10 usuarios de todo o mundo non empregan ningún tipo de software de seguridade (o que non deixa de sorprender se temos en conta que arredor dun terzo dos enquisados no informe ten sufrido problemas cos seus discos duros, perdas de datos irremprazables ou incursións de piratas informáticos tentando penetrar no miolo dos seus equipos).
O Informe anual de Norton sobre Vida Online é un enquisa realizada en doce países (EE.UU., Canadá, Reino Unido, Francia, Alemaña, Italia, Suecia, China, Xapón, India, Australia e Brasil) por Harris Interactive en nome de Symantec, entre o 13 de outubro e 5 de decembro do ano pasado e sobre unha base de 6.427 adultos maiores de 18 anos e 2.614 fillos de 8 a 17 anos de idade que pasan unha hora como mínimo na Rede cada mes. Os resultados na súa integridade poden verse na web nortononlineliving.com.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?