Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Acogelos.org renova a súa campaña en liña para achegar colares antiparasitarios aos cans abandonados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Acogelos.org renova a súa campaña en liña para achegar colares antiparasitarios aos cans abandonados

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/05/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

acogelos-3.jpgA Rede segue a posicionarse, do mellor xeito que pode (botando man das súas posibilidades de comunicación, convocatoria e denuncia), do lado dos animais abandonados en espera de acollida. Entre as iniciativas máis salientables desta semana atópase sen dúbida a dos responsables da web Acogelos.org, que logo de constatar unha vez máis (e o proceso, mágoa, semella non ter fin) o medre nos refuxios e albergues do número de animais á procura dun fogar, veñen de pór en marcha a terceira edición da campaña en liña Cómo pode un rato axudar a un can abandonado.
A iniciativa, lanzada en colaboración estreita con Internet Schrering-Plough Animal Health (a través da súa marca Scalibor), vai dirixida, como o seu propio nome indica, a achegar solidariedade en liña cos animais a través dunha simple sesión en Internet. A proposta, na que xa levan participado máis de 40.000 internautas nas súas dúas edicións anteriores, permitirá entre outras cousas a doazón de 3.000 colares antiparasitarios a un centenar de centros de acollida de toda España.
A través desta terceira convocatoria, informan os responsables da medida (que se prolongará ata o vindeiro 30 de xuño), calquera albergue, refuxio ou centro de acollida de todo o territorio español poderá ser beneficiario da iniciativa solidaria.
Os internautas que concorran nela poderán facer a súa doazón ao conxunto ou ben elixir o refuxio que desexen como destino da súa achega. Polo que respecta á participación de Scalibor, dicir que o seu cometido consiste en ceder de xeito desinteresado 3.000 colares da dita marca para esta nova campaña, dispositivos que ceiban aos animais de doenzas como a leishmaniose, unha enfermidade parasitaria de risco mortal.
Polo que respecta ao xeito de facer as doazóns, poderán realizarse a través da web Acógelos de xeito rápido e sinxelo, de balde e cun só click do rato. Desta maneira, estaremos contribuíndo a axudar a reducir o número de cans abandonados coa devandita doenza, favorecendo deste xeito as súas futuras posibilidades de adopción.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?