Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede de Telecentros festexa as nosas letras cos nenos e nenas de Primaria e Secundaria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede de Telecentros festexa as nosas letras cos nenos e nenas de Primaria e Secundaria

Fernando Sarasketa
Publicado: 11/05/2009
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

rede_telecentros.jpgConvertidas hoxe en algo máis que espazos públicos de acceso á Rede, en boa medida grazas a aquilo que flúe na Rede, a cultura, as dúas redes galegas de promoción e uso de Internet están estes días a tomar posicións arredor dun feito que directamente lles toca de preto, o Día de Internet, e outro que o fai de xeito indirecto pero non por iso menos importante para elas, o Día das Letras Galegas. Precisamente esta dupla festividade do 17 de maio é o miolo das actividades que vén de presentar a Rede de Telecentros de Comunicación de Presidencia, máis polo miúdo do seu programa As Letras na Rede. Esta iniciativa, como o seu propio nome indica, diríxese a celebrar a máis que significativa confluencia de factores do día 17 de maio (cultura galega plus Sociedade da Información) nunha parte representativa dos emprazamentos integrantes da Rede: Melide, O Barco de Valdeorras, Verín, Marín, A Cañiza, Redondela, Lalín, Viveiro, A Fonsagrada, Guitiriz, Abegondo, Vimianzo, Lugo, A Estrada, Oroso e Santiago.
Segundo informa a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual (o departamento responsable da Rede, integrado á súa vez en Presidencia), unha boa parte do programa xirará arredor de autores como Rosalía de Castro ou Álvarez Blázquez, amais do homenaxeado este ano na festa das Letras, Ramón Piñeiro. A idea é mobilizar con estas actividades a cativos/as e adolescentes do xeito máis directo posible: convertendo a máis que inevitable procura de información sobre o autor e investigador festexado nesta convocatoria do 17 no pretexto máis oportuno para estar na Rede e tirar o máximo proveito dela e das canles que achega. Cada nena/o e moza/o convocado terá, grazas a esta iniciativa, a oportunidade de entrar de cheo no emprego responsable e útil das novas tecnoloxías e, máis polo miúdo, das súas posibilidades de comunicación. Así, unha das accións fundamentais incluídas consiste en favorecer que interactúen entre eles a través de videoconferencia dende os Telecentros de Comunicación (TC) das devanditas localidades.
Asemade, informan os responsables da rede, haberá espazo para pequenas representacións teatrais de creación propia como a compañía Luz de Estrelas da Escola Municipal de Teatro de Lalín, ou para un proxecto dun grupo de anciáns de Marín, recuperando cancións e contos da súa nenez e que compartirán cos nenos de Primaria de Verín.
O programa de actividades, inserido á súa vez no marco de Comunícate (estratexia da propia Rede de Telecentros para favorecer o uso de videoconferencia dende 16 puntos diferentes da nosa xeografía), apóiase en boa medida nun uso e vertente cultural da Internet ou, indo máis alá, nun escenario onde xa non se entenda o coñecemento sen a Rede. Con este fin e co de promover as posibilidades de diálogo que subministran novas ferramentas, faise fincapé nos beneficios da videconferencia, “un dos grandes recursos que ofrecen estas aulas de uso público”, informa a devandita Dirección Xeral. E prosegue, facendo referencia directa a Comunícate: “A través da campaña búscase que os Telecentros se incorporen como alternativa cotiá na axenda de tempo de lecer da cidadanía e que se constitúan en focos dinamizadores de acceso ás tecnoloxías, co fin de crear unha comunidade virtual que fomente a autoxeración de actividades por parte dos usuarios”. Os vídeos e un resumo das actividades poderanse ver na comunidade da Rede de Telecentros de Comunicación.
Calendario de actividades de As Letras na Rede
Luns 11 de Maio. De 11:30 a 12:30 h – videoconferencia entre o CEIP nº1 de Melide e o CIP Xulio Gurriarán de O Barco de Valdeorras. TC de Melide. Edificio Multiusos – Praza das Universidades s/n. TC de O Barco de Valdeorras. Concello de O Barco. R/ Praza do Concello nº 2-2º piso. CP: 32300.
Martes 12 de Maio- De 11:30 a 12:30h -videoconferencia entre o CIP de A Cañiza e o CEIP X.Gurriarán de O Barco de Valdeorras. TC de A Cañiza. Casa da Cultura. Rúa do Progreso s/n. CP: 36680. TC de O Barco de Valdeorras. Concello de O Barco. R/ Praza do Concello nº 2-2º piso. CP: 32300
Martes 12 de Maio- De 18:00 a 19:30h – videoconferencia entre a Escola Municipal de Teatro de Lalín e o IES de Chapela (Redondela).TC de Lalín. Auditorio Municipal. Rúa do Parque, s/n. CP: 36500. TC de Redondela. Edificio Multiusos. Paseo A Xunqueira, s/n. CP: 36800.
Mércores 13 de Maio- De 11:30 a 12:30h.- videoconferencia entre o IES Leiras Pulpeiro de Lugo e o Colexio Pérez Viondi de A Estrada.TC de Lugo. Centro Social Lamas de Prado. Praza de Castiñeiro s/n. CP:27004. TC de A Estrada. Centro Multiusos. Avda. Benito Vigo nº94. CP:36680.
Mércores 13 de Maio- De 11:30 a 12:30 h- videoconferencia entre o IES Fontem Albei de A Fonsagrada e o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz. TC de A Fonsagrada. Casa da Cultura. R/ Chaos s/n. CP: 32.500. TC de Guitiriz. Rúa do Concello s/n.
Xoves 14 de Maio- De 11:30 a 12:30h -videoconferencia entre o IES Vilar Ponte de Viveiro e a Compañía de Teatro “Vainodentista” de Santiago(Aula do Centro Multimedia de Galicia). TC de Viveiro. Claustro de San Francisco. Avda. de Cervantes s/n. CP: 27850. TC de Santiago de Compostela. R/ Hórreo, 61. CP:15702.
Xoves 14 de Maio- De 10:15 a 12:00 h- videoconferencia entre o CEIP San Marcos de Abegondo e o CEIP San Vicenzo de Vimianzo. TC de Abegondo. Casa do Concello. R/ San Marcos 1. CP:15318. TC de Vimianzo. Centro Social de Vimianzo. R/ Blanco Rajoy s/n. CP: 15129.
Venres 15 de Maio- De 12:30 a 13:30 h- videoconferencia entre o CEIP Martagona de Melide e o CEIP Sigüeiro de Sigüeiro (Oroso). TC de Melide. Edificio Multiusos – Praza das Universidades s/n. TC de Oroso. Rúa do Deporte nº9.
Venres 15 de Maio- De 18:00 a 19:30 h- videoconferencia entre os nenos de Primaria da Biblioteca Pública Municipal de Verín con compoñentes da AA.VV Mogor e a Residencia da Terceira Idade de Marín. TC de Verí­n. Casa da Xuventude. Avda. Portugal nº 11 CP:32600. TC de Marín. Biblioteca Pública Municipal Vidal Pazos. Avenida de Ourense nº8.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?