A pasada fin de semana La Sexta atendeu ás insistentes peticións da súa audiencia, e comezou a emitir o Gran Premio de España en Montmeló de Fórmula 1 en formato panorámico (16:9), de xeito tirarán proveito dos novos televisores de alta definición, e non haberá que deformar a imaxe para que ocupe toda a pantalla. Na web da canle televisiva tamén é posible ver en diferido a competición en formato panorámico e en alta calidade, chegando incluso a marcar na liña de tempo dos vídeos os momentos máis interesantes.
Pero as retransmisións deportivas non é o único que está a pasar de 4:3 a 16:9, senón que algunhas das series de televisión que emite a canle de Mediapro tamén están a dar o salto de formato, como xa fan outras canles da TDT, pero La Sexta sería a primeira canle xeneralista estatal en dar este paso.
Anuncio do cambio de formato nas retransmisións de Fórmula 1
La Sexta inicia as súas emisións en formato panorámico
Compartir Este Artigo
