Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os ciberfraudes frean a confianza dos consumidores en tempos de crise
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os ciberfraudes frean a confianza dos consumidores en tempos de crise

Raquel Noya
Publicado: 11/05/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

prevents-online-shops-3.jpgSegundo o último estudo sobre fraude en medios de pagamento levado a cabo por Adicae, a Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros que está a realizar un Proxecto Europeo sobre esta materia, tan so o 20 por cento dos internautas españois comprou a través de Internet durante o último ano, unha cifra que se situa substancialmente por debaixo da media europea (establecida nun 32 por cento) e que se pode entender pola “pouca confianza que temos os españois neste tipo de pagamentos en liña”.
O informe indica que ata o 16,7 por cento dos españois recoñece ter sido vítima dalgún fraude na Rede, causándolles na súa maioría, danos superiores a 500 euros.
Asemade, ata o 60 por cento da poboación enquisada sufriu algún problema técnico co medio de pagamento distinto do efectivo e recoñecen non sentirse seguros ao usar esta tecnoloxía.
Outros datos de interese que revela o estudo son que o 52,99 por cento non se senten seguros ao pagar sen ser en efectivo e o 53,76 por cento experimentaron algunha vez algún problema técnico que lles fai dubidar da súa efectividade.
E é que o usuario da banca electrónica pode atoparse con graves problemas se é escollido polos piratas informáticos para ser branco dos seus ataques nun momento dado, motivo polo cal, Adicae propón o establecemento dunha “Recomendación Europea que limite ao 5 por cento a responsabilidade dos usuarios deste tipo de banca”.
Xa que logo, durante o día de hoxe e mañá, estase a celebrar en Barcelona o Simposium Internacional, O usuario de medios de pagamento ante o e-fr@ude, onde se reúnen representantes dos distintos axentes que interveñen no sector deste tipo de medios e por suposto os consumidores, para dar conta de todo o relativo ao comercio en liña, así como das respostas prácticas aos consumidores deste tipo de comercio en tempos de crise.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?