Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A festa das letras, a fondo na campaña en liña +Internet +galego +futuro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A festa das letras, a fondo na campaña en liña +Internet +galego +futuro

Fernando Sarasketa
Publicado: 12/05/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

internet_galego_futuro.jpgEntre os espazos galegos en liña que máis se están a centrar estes días nas temáticas da cultura galega e a festa das letras (17 de maio) atópase un vello coñecido: a web da campaña +Internet +galego +futuro. O espazo en cuestión, mantido pola Consellería de Economía e Industria, foi posto en marcha (hai agora uns anos) cos mesmos obxectivos cá festividade do Día Mundial de Internet e das Telecomunicacións, o 17 de maio, pero cun engadido extra que aos galegos nos toca de preto: a celebración na mesma xornada do Día das Letras Galegas. Dito doutro xeito, a web celebra a chegada da Rede ás nosas vidas e, tamén, que esta chegase xusto cando máis precisabamos dela: netes tempos en que a nosa lingua máis pide que a coidemos cun pouco de porvir e tecnoloxía. Neste senso, o xogo de palabras que é a suma de conceptos do seu nome (+Internet +galego +futuro) ben pode ser reinterpretado coma tres resultados intercambiables: Internet+galego= futuro
Internet+futuro=galego ou
Futuro+galego=internet.
Esta vontade de mesturar un concepto con outro ata que non saibamos ata onde chega un e onde comeza o seguinte é o espírito que reflicte a web, estes días dando conta polo miúdo da traxectoria vital e das contribucións literarias, xornalísticas e investigadoras de Ramón Piñeiro, autor homenaxeado nesta xornada do 17 de maio e, como tal, eixe vertebrador de case todo canto se conta estes días na páxina: tanto das actividades a pór en marcha dende os departamentos dos que depende o espazo en liña como dende outras institucións, entidades, organizacións ou colectivos.
Entre as novidades que incorpora este ano o espazo en liña inclúese o sorteo diario de sete memorias USB, dispositivos aos que poderemos acceder achegando o noso nome e apelidos, correo electrónico e número de teléfono.
Porén, o miolo da web é estes días a información vinculada a Ramón Piñeiro e a nosa cultura en xeral, ben sexan actividades concretas a pór en marcha, datos biográficos sobre o autor ou novidades ligadas ao 17 de maio (en concreto) e a presenza da nosa cultura nos espazos dixitais (en xeral) procedentes dos novos medios de comunicación que pon en xogo a Internet. Neste senso, os responsables da web concíbena de xeito aberto e participativo: non só animan a acceder a ela a todos os internautas que procuren datos sobre a nosa lingua e as tecnoloxías ao noso alcance, senón que a súa arela é a de que tomen partido nas distintas actividades programadas. A idea é esta: “Contribuírmos todos xuntos a unha realidade na que o galego se use tanto na Internet coma en calquera situación social, cultural ou empresarial”, sinálase na páxina web.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?