Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Mesa abre espazo propio nas redes sociais Facebook e Tuenti
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Mesa abre espazo propio nas redes sociais Facebook e Tuenti

Fernando Sarasketa
Publicado: 19/02/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

amesa_en_facebook.jpgA Mesa pola Normalización Lingüística, na súa arela de reforzar e amplificar a transmisión do seu ideario (a defensa da nosa lingua, activa para todos os eidos da sociedade) vén de dar a coñecer unha serie de iniciativas directamente relacionadas coa Rede e, máis polo miúdo, coa Rede participativa: aquela na que o internauta mete man. En primeiro lugar, a Mesa comunica a achega dun perfil propio de seu no Facebook, rede social en proceso imparable de medre (arestora conta con 120 millóns de usuarios) dende a que se ofrecen servizos de comunicación directos para colectivos con intereses comúns. “Facéndote amiga ou amigo da Mesa a través do Facebook”, informan os responsables da plataforma galega, “poderás recibir toda a información sobre actos que xa recibes na web da asociación e ademais ver fotos das nosas actividades ou apoiar as campañas que se vaian poñendo en liña”.
A maiores, a plataforma galega tamén está a dar conta dun novo servizo para os máis novos e posto en marcha pola Mocidade pola Normalización Lingüística: un perfil propio de seu en Tuenti, outra rede social na que poderemos engadirnos como amiga ou amigo co fin de obter de primeira man contidos e recursos variados (vídeos, imaxes) sobre as campañas da Mesa.
Como dixemos, o obxectivo da dita organización galega con estas iniciativas dixitais é abrir novas canles de comunicación e de participación para as súas socias e socios e, en definitiva, para todas aquelas persoas concienciadas coa preservación e posta en valor da nosa lingua.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?