Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro Ramón Piñeiro tira partido do dixital para achegarnos ao autor que lle dá nome
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro Ramón Piñeiro tira partido do dixital para achegarnos ao autor que lle dá nome

Fernando Sarasketa
Publicado: 12/05/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

pinheiro_03.jpgEntre as webs galegas ás que por forza máis fondo lle tocan estes días de celebración das nosas letras albiscamos unha de dereito propio: a do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. En realidade, a páxina deste complexo de investigación situado ás aforas de Santiago estaría no punto de mira da cultura galega aínda que non o quixese: este ano dase a circunstancia significativa dunha celebración, a do 17 de maio, que xira arredor do galeguista que lle dá nome, Ramón Piñeiro. Neste senso de ofrecer recursos sobre as achegas á investigación do homenaxeado é precisamente onde se sitúa estes días unha parte da contribución do Centro, tanto fóra do eido dixital como ligado a el.
Contribución que, por certo, é de diversa índole: pasada (como a serie de cadernos que levan o nome do homenaxeado na festa das letras, todos de libre descarga, incluíndose entre outros o documento sobre o seu pensamento acerca da literatura de posguerra, en PDF, ou, xa noutra colección, a achega de Luís Rei arredor do concepto de saudade en Piñeiro) ou ben presente (como a publicación dun libro homenaxe con motivo da dita festividade galega, unha exposición acerca do autor-investigador de Láncara e unha visión detallada á súa obra epistolar).
Por certo que entre as iniciativas postas en xogo estes días para conmemorar a xornada do 17 e o papel de Ramón Piñeiro na cultura do século XX, presentadas todas elas xa no mes de abril que deixamos atrás, cómpre salientar (polo que ten de contribución ligada ao tema deste noso medio, o eido dixital) a edición en CD de dúas entrevistas realizadas ao propio autor por Manuel Rico e Luís Rei Núñez, nas que Piñeiro descobre os detalles dunha viaxe pola súa vida –nenez, Guerra Civil, posguerra- e o seu pensamento filosófico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?