Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A obra epistolar de Ramón Piñeiro será sometida a un proceso de dixitalización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A obra epistolar de Ramón Piñeiro será sometida a un proceso de dixitalización

Fernando Sarasketa
Publicado: 13/05/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pinheiro_03-2.jpgRamón Piñeiro e a súa obra segue no punto de mira do labor de divulgación do Consello da Cultura Galega (CCG), entidade que, por certo, o propio autor homenaxeado no Día das Letras 2009 tivo a oportunidade de presidir durante os derradeiros anos da súa vida. Dase a casualidade de que a máis recente achega do CCG en materia de promoción do legado de Piñeiro volve establecer ao autor de Láncara en sintonía cos espazos dixitais, en parte porque arestora apenas se concibe o labor cultural sen o apoio das novas canles tecnolóxicas e, tamén, porque na nosa terra dase unha máis que interesante coincidencia de festexos: o Día das Letras e o Día da Internet (ambos o día 17). Máis polo miúdo, a achega do Consello consiste, precisamente, nun labor intensivo de dixitalización. A este proceso será sometido o epistolario de Ramón Piñeiro depositado na Fundación Penzol, en Vigo, e integrado por máis de mil cartas.
A nova, dada a coñecer durante a posta en longo do cartafol e CD Ramón Otero Pedrayo, mestre da cultura galega (editado polo CCG como homenaxe a quen foi o seu primeiro presidente, Ramón Piñeiro), ten especial importancia para a cultura galega, non só porque os documentos que abrangue esta iniciativa resumen e sintetizan unha boa parte do pensamento do autor homenaxeado, senón porque achegan luz sobre os tempos nos que foron escritos e as súas circunstancias históricas. Asemade, asenta o camiño para vindeiros proxectos de recuperación do noso patrimonio pola vía das tecnoloxías. Polo que respecta ao cartafol editado pola institución, dicir que vai dirixido a favorecer o coñecemento de sete artigos e ensaios de Ramón Piñeiro sobre diferentes facetas da obra de Ramón Otero Pedrayo: lembranzas persoais, consideracións sobre a Xeneración Nós, a oratoria, a significación oteriana na cultura galega ou a súa especial relación con Santiago de Compostela. “Os textos falan tamén da relación moi próxima que tiveron ambos os dous ao longo do tempo”, salientou Ramón Villares, presidente do CCG, durante a presentación do material na sede da institución en Compostela.
Polo que respecta ao CD que incorpora a publicación, dicir que se inclúe nel a gravación da conferencia Otero Pedrayo na cultura galega pronunciada por Piñeiro en Ourense en 1976, ano da morte Patriarca das Letras Galegas.
Ramón Villares fixo fincapé en que as iniciativas presentadas constitúen só unha miúda parte das actividades que a dita institución dedicará a Ramón Piñeiro durante este ano. Salientou as xornadas Recepcións de Heidegger en Galicia a celebrar no CCG os días 3 e 4 de xuño e a participación activa da institución no congreso que sobre a figura e a obra de Ramón Piñeiro se celebrará no último trimestre deste ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?