Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gadis súmase á festa das letras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gadis súmase á festa das letras

Fernando Sarasketa
Publicado: 13/05/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gadis_letras.jpgQuen fose hoxe por algún establecemento Gadis e ollara en fite a ilustración incluída nas bolsas de plástico saberá que a empresa galega non quixo deixar a oportunidade para sumarse á celebración deste domingo 17: a dupla conmemoración das nosas Letras (que este ano homenaxean ao escritor e investigador de Láncara, Ramón Piñeiro) e Internet. De feito, entre as iniciativas que o grupo galego de supermercados puxo en xogo para festexar a nosa cultura inclúese a incorporación da biografía de Ramón Piñeiro nun total de 4,5 millóns de bolsas e, a maiores, a distribución gratuíta (e ata fin de existencias) nos 163 establecementos que a empresa ten nosa xeografía de 25.000 libros en galego. Esta achega, que xunto coas que o grupo puxo en marcha previamente na mesma liña dá unha cifra de 95.000 obras repartidas, foi presentada polo director de Comunicación da firma, José Luis Fernández Astray, e mailo director de Marketing, Antonio Cortés, nun acto que contou coa presenza do escritor Santiago Lopo, autor de Game over, un dos libros incluídos na distribución gratuíta.
Por certo que no almorzo de prensa tamén interviu o irmán de Ramón Piñeiro, Aníbal Piñeiro, quen fixo unha semblanza do autor homenaxeado este ano o 17 de maio.
A idea de Gadis con este subministro masivo de volumes e bolsas conmemorativas foi ir alén do acadado en anos anteriores: tanto no que se refire á cantidade de obras bibliográficas postas en xogo (5.000 máis que nas edicións previas) como no que atinxe á información mesma sobre a festa do 17 e o autor ao que se rende tributo, presente agora nun gran número de fogares galegos grazas aos 4,5 millóns de bolsas habilitadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?