Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo celebra a Rede e máis a nosa cultura distribuíndo Galinux e celebrando obradoiros e exposicións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo celebra a Rede e máis a nosa cultura distribuíndo Galinux e celebrando obradoiros e exposicións

Fernando Sarasketa
Publicado: 13/05/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Luisa Zarzuela, concelleira de Servizos Xerais, durante a presentación das actividades
Luisa Zarzuela, concelleira de Servizos Xerais, durante a presentación das actividades
O Día de Internet, que na nosa terra cobra novos e interesantes significados ao coincidir coa celebración das nosas Letras, este domingo 17 de maio, está a atopa ao longo da xeografía do país interesantes propostas de seguimento. Como por exemplo as que vén de presentar a Concellería de Servizos Xerais de Lugo e que consisten, basicamente, en celebrar a Rede e máis a nosa cultura dun xeito que se certifique unha vez máis (por se alguén lle quedase dúbida ao respecto) as posibilidades mutuas de inclusión: dando a coñecer programas informáticos para acceder á era dixital feitos dende a nosa terra e na nosa lingua. O paquete básico de actividades do Día de Internet+Día das Letras, que se desenvolve sobre todo este xoves 14 de maio, consistirá na promoción de aplicativos libres (entre outras accións) entre os que se inclúe o sistema operativo Galinux. Para este fin e para achegar tamén un bo número de copias do programa, o Concello contará coa colaboración do Centro Mancomún, responsable do desenvolvemento do devandito sistema.
A idea, amais de proceder á distribución de exemplares (calcúlase que un milleiro), é a de favorecer a súa preinstalación nos equipos habilitados e, posteriormente, dar comezo a unha serie de obradoiros.
A cita, informa o Concello, terá lugar na planta baixa da Praza de Abastos de Lugo entre as dez da mañá e as oito do serán, horas nas que se sucederán os obradoiros previstos: Facebook, YouTube, Skype e Google
Ademais, haberá actividades paralelas como por exemplo a exposición A Historia de Internet, que constará de 16 paneis con imaxes e textos explicativos, desde os anos 50 ata a actualidade, narrando a historia da rede de redes a nivel mundial.
Por outra banda, haberá un espazo de lecer con dúas zonas de xogo e todos os participantes entrarán no sorteo dun computador. Segundo explica o propio Concello, o programa de actividades non só ficará cen por cen aberto a toda a cidadanía, senón que se fará todo o posible por saírlle ao paso. O obxectivo: que todas e todos poidan tirar o máximo rendemento das novas tecnoloxías. Por certo que esta campaña insírese dentro dunha iniciativa máis ampla Eu Conecto, que arrancará este día 14 para manterse activo ata o vindeiro 30 de xuño por diferentes emprazamentos da cidade.
Eu Conecto, informa o Concello, desenvolverase en diferentes lugares do 15 de maio ata o 30 de xuño:
Do 18 ao 20 de maio: Praza de Abastos
Do 25 ao 29 de maio: Local social de Asociacións de veciños “Gatos Roxos” das Gándaras
Do 1 ao 5 de xuño: Local Social de Montirón
Do 8 ao 12 de xuño: Centro Sociocultural de Fingoi
Do 15 ao 19 de xuño: Centro Sociocultural A Milagrosa
Do 22 ao 26 de xuño: Centro Social Díaz Castro
Do 29 ao 30 de xuño: Local Social de Coeses

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?