Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As operadoras incluirán nas facturas datos para a protección en liña dos nenos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As operadoras incluirán nas facturas datos para a protección en liña dos nenos

Fernando Sarasketa
Publicado: 14/05/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

red.es_e_operadoras.jpgRed.es (órgano do Ministerio de Industria) vén de mover ficha a prol de limitar ata onde sexa posible as posibilidades que teñen arestora os nenos e nenas de acceder aos contidos máis perigosos de Internet. Neste proxecto de protección ao menor no emprego das novas tecnoloxías, a entidade non traballará soa: farao coas principais operadoras de telefonía e acceso á Web do territorio estatal. Ou sexa: Telefónica, Vodafone, Ono, Telecable, Yoigo, Orange e Jazztel. Para Red.es, o acordo con estas compañías supón un compromiso firme para establecer un protocolo de actuación e pór a disposición de pais e titores a información e recursos precisos para asegurar un acceso sen perigo á Rede por parte dos menores de idades e evitar, deste xeito, que cheguen a “contidos inapropiados” para eles.
O convenio en cuestión, dado a coñecer durante a apertura da mostra Súbete ao tren de Internet (na Praza de Felipe II de Madrid), sitúase como a devandita exposición dentro do marco de actividades preparadas para conmemorar o Día de Internet, este domingo 17 de maio.
O alicerce do acordo, que de pouco serviría se non contase coa participación das operadoras, é favorecer o diálogo total entre as tres partes implicadas: administracións, empresas provedoras de rede e usuarios (pais, titores e nenos). Máis concretamente, do que se trata é de facer posible que os responsables das rapazas e rapaces estean en conexión directa coas operadoras para que estas lles fagan chegar toda a información precisa sobre as ferramentas dispoñibles para o filtrado e restrición do acceso a determinados contidos e servizos non desexados.
E todo isto a través da que a xuízo de Red.es é a canle de comunicación máis directa que teñen ao alcance da man: a das propias facturas. Deste xeito, sinala a entidade do Ministerio de Industria nun comunicado, incorporarán nelas recomendacións, consellos, guías de comportamento e datos sobre (entre outras) estas ferramentas:
· Sistemas de control parental (salientando as garantías que achegan no acceso aos menores a Internet).
· Aplicacións e contidos específicos para a nenez dispoñibles a través de Internet.
· O decálogo de Chaval.es, onde se dá conta sobre sitios web específicos para os nenos e nenas.
· Os labores realizados pola axencia de Calidade de Internet entre as que destaca o selo Confianza Online.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?