A semana pasada falamos do aprazamento do apagamento analóxico en Galicia, o que dende o Ministerio de Industria xustificaban por unha falta de comunicación co noso Goberno autonómico, o que non parece ser a única causa, xa que agora sabemos que 14 dos 32 proxectos incluídos na primeira fase do plan de implantación da Televisión Dixital Terrestre en España «non se acadan as condicións establecidas para o cese das emisións» segundo o voceiro da Secretaría de Estado de Telecomunicacións, o que faría que 700 de 1.286 concellos quedasen fóra desta fase.
En 4 comunidades autónomas (Galicia, Castela e León, Andalucía e País Vasco) non habería ningún apagamento nos concellos previstos, xa que non se conseguiu que máis do 81,3% da poboación afectada tivese acceso ao sinal da TDT.
As canles de televisión critican estas demoras que supoñen un «notable prexuízo económico» para elas, pois deben facer fronte a un dobre pago de transporte e difusión do seu sinal (en analóxico e dixital).
O apagamento analóxico retrásase en 700 dos 1.286 concellos nos que estaba previsto para o mes que vén
Compartir Este Artigo
